O concello outorga a medalla de ouro a María Teresa Miras Portugal, facendo entrega dela ó seu fillo

O salón de plenos do Concello vestiuse de gala para facer entrega da medalla de ouro da vila, a título póstumo, á científica e catedrática en Bioquímica y Biología Molecular, María Teresa Miras Portugal. A corporación, presidida polo alcalde, Francisco Fumega, fixo entrega ó seu fillo deste recoñecemento.

María Teresa Miras foi a primeira muller en presidir a Academia Nacional de Farmacia. O alcalde destacou a aportación da carballiñesa, que a pesar de estar fora, sempre voltaba á súa casa.

AVANTAR ACTIVIDADES

O seu fillo, Fernando Varela Miras, agradeceu esta medalla, e recordou con cariño as épocas pasadas nesta vila, onde a súa nai desfrutaba sempre volvendo. O acto estivo acompañado da música do gaiteiro carballiñés Isidro Vidal.