A Semana Santa chegará por todo o alto ó Carballiño nos vindeiros días, aínda xa a pasada semana foron multitudinarias as actividades realizadas, como o traslado da Virxe Dolorosa ou o domingo de Ramos, que congregou a un gran número de fieis.
Así, para mañá, xoves santo, teremos a procesión penitencial da sentenza e a misericordia, ás 20:30 horas dende o templo da Veracruz. Esta, entre outras actividades para este día, como o roteiro polas construcións relixiosas a cargo do Centro de Estudos Chamoso Lamas.
O venres santo, pola mañá, a procesión do Cristo da Saúde, unha novidade. E teremos o prato forte, a procesión solemne do Santo Enterro o “Dos Caladiños”, dende as 21:00 horas con saída do Templo da Veracruz. E para rematar, o domingo ás 13:00 horas, a procesión gloriosa da resurrección.