A Federación Galega de Automobilismo comunica o cese de Alfonso García Eiriz como secretario e vicepresidente por Ourense

O día 4 de abril, don Alfonso García Eiriz foi cesado polo Presidente da F. G. de A. dos
seus cargos de Secretario e Vicepresidente por Ourense, co apoio unánime da Xunta
Directiva, debido a perda de confianza surxida tras as gravísimas esixencias personais
e económicas contidas nun “borrador”, unilateralmente redactado polo Sr. García Eiriz,
e que él mesmo fixo público tras remitilo a un indeterminado número de persoas alleas
á Xunta Directiva, o que provocou un mar de rumores infundados fomentados de forma
interesada por o ata agora Secretario e Vicepresidente por Ourense.
O feito de buscar un beneficio persoal (económico e político) por riba de calquera dos
federados, membros da Xunta Directiva, Presidente e estatutos da Federación, as
filtracións continuadas de información sensible e en moitos casos non veraz, ademáis
dunha absoluta falta de rigor nos seus cometidos dentro da FGA e que foran pactados
ao igual que co resto de integrantes, a vontade de asumir competencias fora do seu
cargo e varios graves erros que provocaron un prexuizo reputacional e económico á
Federación (incluindo a perda de importantes patrocinadores), son motivo máis que
suficiente para tomar esta difícil decisión.
De cara a procurar unha postura de consenso, o xoves 30 de marzo Eiriz foi convocado
a unha reunión de urxencia da Xunta Directiva, na que non quixo estar presente, sendo
o único que non acudiu, para dar as explicacións pertinentes polo “borrador” e as
filtracións realizadas de forma continuada das solicitudes, o que demostra, unha vez
máis, a súa absoluta falta de vontade por arranxar unha situación insostible.
Nos próximos días a Xunta Directiva da Federación Galega de Automobilismo
nombrará un novo Secretario e Vicepresidente para Ourense.