O Centro de Estudios Chamoso Lamas segue a poñer en valor o patrimonio cultural do carballiño organizando un roteiro que se celebrará o xoves santo, 6 de abril, para explicar a historia, arte e arquitectura relixiosa da vila
o percorrido comprende a igrexa parroquial de san cibrao, a capela do sagrado corazón, a capela da residencia irmáns prieto e o templo da veracruz, e estará guado por juan manuel rodríguez, xosé luis sobrado e alicia graña
O Carballiño, 29 de marzo de 2023.- O Centro de Estudios Chamoso Lamas, continuando coa iniciativa da posta en valor do patrimonio cultural do Carballiño, organiza, en colaboración coa Cofradía da Veracruz e o Concello do Carballiño, para o Xoves Santo, 6 de abril, un novo roteiro no que os historiadores e investigadores do colectivo carballiñés Juan Manuel Rodríguez, Xosé Luis Sobrado e Alicia Graña explicarán a historia, arte e arquitectura das construcións relixiosas do casco urbano: Igrexa Parroquial de San Cibrao, Capela do Sagrado Corazón, Capela da Residencia Irmáns Prieto e Templo da Veracruz.
O roteiro comezará ás 11,30 h, sendo o punto de encontro a Praza Maior, e prolongarase duarante dúas horas, aproximadamente.
Trátase do segundo roteiro que organiza o centro de estudios no que vai de ano, e que continuará nos vindeiros meses con outros percorridos de interese histórico e cultural.
O pasado ano o Centro de Estudios Chamoso Lamas organizou tres roteiros, dous urbanos pola vila do Carballiño e outro nocturno aos petroglifos de Cangues, que contaron cunha gran asistencia de público, xa que superaron o centenar de persoas cada un.
Trátase de actividades que forman parte do programa anual desenvolvido por este colectivo cultural e investigador, que celebrou un exitoso congreso no mes de outubro do pasado ano e que neste intre prepara a edición das actas do mesmo.