Manuel Baltar: “Marisol Borrajo é a muller que seguirá construíndo o futuro da Teixeira con políticas públicas dinamizadoras do territorio”

  • O presidente provincial mantivo un encontro coa candidata do PPdeOU na Teixeira, despois da renuncia por motivos persoais de Miguel Antonio Cid
  • Manuel Baltar recoñece a “valía e a traxectoria política” de Miguel Antonio Cid: “Él é un verdadeiro servidor público, na política e na mediciña, cunha inmellorable folla de servizos nestes 35 anos traballando pola Teixeira de concelleiro, tenente alcalde, alcalde e tamén como deputado provincial”
  • Marisol Borrajo, remarca o líder do PPdeOU, “coñece o seu concello e as demandas dos veciños, ten experiencia na vida municipal e, sobre todo, é unha referente de emprendemento e paixón polo rural”
  • A nova cabeza de lista reivindica o “estupendo traballo” de Miguel Antonio Cid. E da súa candidatura destaca a capacidade “para liderar a partir do 28 de maio un proxecto que siga avanzando en todos os fitos conseguidos e permita implementar novas iniciativas de progreso”
  • Entre todos, explica Marisol Borrajo, “escribiremos A TEIXEIRA en maiúsculas, para que as novas xeracións que veñan síntanse tan orgullosas do noso concello como eu me sinto”

5, abril, 2023. O presidente provincial do PPdeOU, Manuel Baltar, mantivo un encontro con Marisol Borrajo, candidata popular na Teixeira nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio trala renuncia, por motivos persoais, de Miguel Antonio Cid. 

Manuel Baltar quixo recoñecer a “valía e a traxectoria política” de Miguel Antonio Cid: “El é un verdadeiro servidor público, na política e na mediciña, e que presenta cunha inmellorable folla de servizos nestes 35 anos traballando pola Teixeira de concelleiro, tenente alcalde, alcalde e tamén deputado provincial”. 

AVANTAR ACTIVIDADES

O presidente do PPdeOU pon en valor “a traxectoria pública dun home comprometido coa Teixeira e coa provincia de Ourense, cun alto valor do que é a política, a cooperación e a lealdade institucional”. 

Neste sentido, Manuel Baltar define a Marisol Borrajo como a “candidata ideal para seguir construíndo o futuro” da Teixeira a través de “políticas públicas de dinamización do territorio”. “Marisol Borrajo, remarca o líder do PPdeOU, “coñece o seu concello e as demandas dos veciños, ten experiencia na vida municipal e, sobre todo, é unha referente de emprendemento e paixón polo rural”. 

Pola súa banda, Marisol Borrajo reivindica o “estupendo traballo” de Miguel Antonio Cid. E destaca a súa capacidade “para liderar a partir do 28 de maio un proxecto que, entre todos, siga avanzando en todos os fitos conseguidos e permita implementar novas iniciativas de progreso”.  

A nova candidata popular nas vindeiras eleccións municipais remarca que “vivo, traballo e vexo o meu futuro na Teixeira”. Entre todos, explica Marisol Borrajo, “escribiremos A TEIXEIRA en maiúsculas, para que as novas xeracións que veñan síntanse tan orgullosos do noso concello como eu me sinto”

Biografía de Marisol Borrajo Lorenzo

Marisol Borrajo Lorenzo ten 53 anos. É licenciada en Administración e Dirección de Empresas e traballa no sector vitivinícola nunha adega da Teixeira, concello ao que leva vencellada 33 anos.