O Concello recoñece o esforzo de tres mozos deportistas do Club Ciclista Carballiño que obtiveron grandes resultados na pasada tempada

-Marcos Rodríguez, Alejandro García e Miguel Panadeiros foron recibidos no salón de plenos polo alcalde, Francisco Fumega, e a concelleira de Deportes, Silvia Baranda

O Carballiño, 31 de marzo de 2023

AVANTAR ACTIVIDADES

O Concello do Carballiño recoñeceu o esforzo de tres mozos deportistas do Club Ciclista Carballiño que acadaron grandes resultados na pasada tempada 2022. O alcalde, Francisco Fumega, e a concelleira de Deportes, Silvia Baranda, recibiron no salón de plenos da Casa Consistorial a Marcos Rodríguez, Alejandro García e Miguel Panadeiros, polos triunfos acadados tanto a nivel autonómico como estatal. A concelleira asegurou que con esta recepción “máis que merecida” o Concello quere recoñecer o traballo do Club Ciclista Carballiño e dos rapaces que se esforzan enormemente cada día.