Mañá, a rúa Carreira estará cortada ó tráfico dende as 09:00 horas ata as 14:00 horas

Mañá mércores, a rúa Carreira, no casco urbán do Carballiño, estará cortada ó tráfico. O motivo serán os traballos realizados na rede de abastecemento e sumidoiros por parte da empresa Viaqua, que darán comezo dende as 09:00 horas e prolongarase o corte ata as14:00 horas.

As persoas que teñan garaxe, poderán circular pero o tráfico para eles estará invertido, de xeito que deberán saír de cara a rúa Aldara.

AVANTAR ACTIVIDADES