Dous carballiñeses referentes nas artes escénicas levarán á súa terra o espectáculo “Vox Populi” este sábado

Dous carballiñeses referentes nas artes escénicas levarán esta fin de semana a súa terra o espectáculo “Vox Populi”. Trátase da actriz Iria Sobrado e do responsable de deseño de escenografía e iluminación, Diego Valeiras. Ambos forman parte de Malasombra Producións, que representarán esta obra o sábado, a partir das 20.30 horas no Auditorio Manuel María. Trátase dunha ópera rock con música e letras orixinais, interpretada en directo por doce actores, actrices e músicos. O elenco artístico está formado por María Costas, Paku Granxa, César Goldi, Paula Pier, Carlos Mosquera “Mos”, Bea García, Xoque Carbajal, Iria Sobrado, Celia González, Chechu Mosquera, Lorena Martín e Andrés Sandá.

Lembramos a programación cultural ao completo para este mes de abril:

AVANTAR ACTIVIDADES

14 de abril. Cine. “Mantícora”. Cineclub O Carballiño. Ás 20.00 horas e ás 22.30 horas no Auditorio.

Ruta das Tapas. Adicado aos crocantes. De 20.00 a 23.00 horas.

15 de abril. Cantando con Raíz de Eduvía. Sala de Xuntas do Concello. 18.00 horas. Inscricións dende o 3 ao 14 de abril en snl@carballino.gal ou 662197665. Para nenos e nenas de entre 9 meses e 4 anos. Cancións, ditos e recitados para un achegamento das crianzas ao cancioneiro tradicional e á lingua dun xeito natural e divertido.

Teatro/Musical. “Vox Populi”. Malasombra Producións. Público adulto. Ás 20.30 horas no Auditorio.

21 de abril.  Obradoiro Toponimízate! Ás 10.00 horas no Auditorio. Destinatarios: Segundo ciclo de Primaria dos centros educativos Vila do Arenteiro e Sagrado Corazón.

21 e 23 de abril. Cine. “The quiet girl”. Cineclub O Carballiño. O 21 de abril ás 20.00 e ás 22.30 horas no Auditorio. O 23 de abril a sesión será ás 19.00 horas.

22 de abril. Romería das Pulpeiras. Veracruz.

28 de abril. Cine “El triángulo de la tristeza”. Cineclub O Carballiño. Ás 20.00 horas e ás 22.30 horas no Auditorio.

29 de abril. Cantos de Taberna. A partir das 20.00 horas nos locais de ocio.