Marina Ortega Otero e Julio Torrado Quintela, deputada e deputado
pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do
disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a
seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión 5.ª, Sanidade, Política
Social e Emprego.
Fai máis dun ano, a comisión de sanidade do Parlamento de Galicia aprobou por
unanimidade a proposta socialista que urxía a necesidade duna novo espazo que
ampliase a cobertura sanitaria da Comarca do Carballiño.
Unha comarca en cabezada polo Concello de O Caballiño, que conta con máis de
14.000 habitantes enmarcado todo elo nunha das provincias máis envellecidas do
país.
Nesta ocasión os veciños e veciñas de O Carballiño unha vez máis reivindican
unha praza adicional de matrona no centro de saúde, así como a necesidade
dunha maior cobertura de atención xinecolóxica e pediátrica.
Os servizos que se blinden nas provincias máis afectadas pola despoboación,
nomeadamente Lugo e Ourense, serán parte da loita polo reto demográfico, un
dos desafíos máis importantes para Galicia, tendo en conta que somos das
comunidades autónomas co peor saldo vexetativo do país. Especialmente grave
na provincia de Ourense, onde o número de persoas pensionistas xa superan ás
cotizantes.
A sanidade pública é un dos servizos prioritarios e condicionantes para o benestar
e asentamento da poboación. Tendo en conta que a provincia de Ourense é a que
peores datos demográficos e de saldo vexetativo ofrece, o goberno galego ten
que exercer políticas de discriminación positiva que garantan servizos coma a
sanidade pública. E máis aínda tendo en conta que as mulleres que deciden ser
nais nesta provincia, e nomeadamente na Comarca de O Carballiño deberan ter
blindados os servizos de matrona, xinecoloxía e pediatría como mínimo.
Actualmente O Carballiño só conta cunha praza de matrona, cun día á semana de
xinecoloxía e con dúas pediatras só de mañá e cunha previsible xubilación a curto
prazo. Non existe pediatría polas tardes nin no servizo de urxencias.
Estamos a falar dun dos núcleos máis importantes da provincia despois da
cidade, en termos poboacionais. Polo que é preciso que o goberno galego acolla
estas demandas que os veciños e veciñas de O Carballiño trasladan, para garantir
servizos da sanidade pública tan importantes para afianzar poboación como
estes.
Segundo os últimos datos, Galicia conta cun número de matronas
significativamente menor que a media estatal, de feito, somos das comunidades
autónomas coa menor porcentaxe de toda España. Trátase polo tanto dunha
carencia que o goberno galego debe corrixir para garantir a seguridade das
mulleres embarazadas e os seus bebés, así como a atención á saúde sexual e
reproductiva das mesmas.
A Asociación Galega de Matronas alertou da situación galega advertindo do
momento de gran dificultade en canto á contratación de matronas, motivado, entre
outras cousas, polas frecuentes e próximas xubilacións e polos anos (1986-1994)
nos que non houbo formación de matronas, e sobre todo polas condicións
laborais que se ofrecen por parte do goberno galego a través do SERGAS.
Así mesmo advirten de que a presencia das matronas non só se limita á sala de
partos, senón que o seu ámbito competencial abrangue todas as unidades
dedicadas á saúde sexual e reprodutiva da muller (atención primaria, COF,
unidade de chan pelviano, banco de leite, unidades de xestantes/puerperio).
Dende AGAM reclaman aumentar a acreditación de novas prazas EIR de
matrona, para que nos vindeiros anos se formen a máis matronas e así solventar
o problema de relevo xeracional que está a vivir esta necesaria profesión. Todo
elo consta por escrito no SERGAS a través das reivindicacións das matronas
mediante AGAM.
Por todo o exposto, a deputada e o deputado que asinan formulan as seguintes
preguntas para o seu debate en Comisión:
- Por que o servizo médico de atención xinecolóxica diminuíu
significativamente no número de horas e días de atención no centro de
saúde de O Carballiño? - Consideran que unha matrona é suficiente para dar cobertura e atención
de calidade a toda a Comarca de Carballiño? - Está de acordo o goberno galego coa demanda veciñal de O Carballiño
que solicita unha praza máis de matrona, así como maior cobertura de
atención de xinecoloxía e pediatría?