Érika Paz será a número 3 da candidatura de Espazo Común ó concello do Carballiño

Érika Paz Rodríguez será quen ocupe o terceiro posto dentro da candidatura de Espazo Común encabezada por Pachi Vázquez para concorrer ás eleccións municipais no Carballiño o vindeiro 28 de maio.

Paz, a pesares da súa xuventude, conta xa cunha ampla experiencia dentro da política municipal tanto en tarefas de xestión coma concelleira de Medio Ambiente con excelentes resultados,  coma na oposición estes ultimos catro anos.

FESTAS EN RIBADAVIA

A súa participación en case tódolos plenos defendendo propostas sobre medio ambiente, limpeza viaria, xestión da auga, educación, conciliación, servizos sociais, etc. evidencian a súa gran capacidade de traballo e o seu amplo coñecemento e compromiso co pobo do Carballiño.

Cómpre suliñar tamén a súa activa participación sendo unha das impulsoras da Plataforma O Campo da Feira NON SE PECHA, colectivo iste que, con moito esforzo, conseguiu que non se pecharan aulas neste centro escolar, que era a intención inicial da Xunta e que contaba coa connivencia a xeito de pasividade do goberno municipal actual.

 “Escollín estar en política polo mesmo que elixín ser enfermeira: por axudar aos demáis. Quero un Carballiño con futuro, que sexa un lugar onde os meus fillos e os que veñan detrás desexen vivir” afirmou Paz.

“É un luxo contar cunha persoa coma Érika. Gran profesional da sanidade e gran traballadora como demostrou estes catro anos, estando coa xente e tentando axudalos cos seus problemas. Unha excelente compañeira con moito sentido de equipo” dixo Pachi Vázquez.