Expourense abriu hoxe as portas do 5º Car Outlet Ourense

Expourense abriu hoxe as portas do V Car Outlet Ourense, que terá lugar ata o domingo día 16, e ofrecerá as mellores oportunidades do mercado de vehículos de ocasión e segunda man con todas as garantías que brindan os concesionarios oficiais. Trátase dunha cita coorganizada entre Expourense e a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, ACAUTO, que reunirá a  un total de 24 marcas representadas a través de 15 concesionarios asociados. Reunirán máis de 400 coches con ofertas moi especiais.

O horario de apertura do salón será o sábado 15 de 10.00 a 20.30 h. e o domingo 16 de abril de 11.00 a 20.00 h. A entrada terá un custo de 3 euros, sendo gratuíta para os menores de 12 anos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para facilitar a elección do vehículo, o salón conta con Servizo de Ludoteca Gratuíto para os máis pequenos.