O BNG do Ribeiro anuncia a presentación dos seus candidatos e candidatas ás alcaldías dos concellos da Comarca do Ribeiro. O acto público terá lugar en Ribadavia, o sábado 15 de abril ás 19:00 horas na ____Alameda de Ribadavia ____________ e intervirán Xosé Lois González “O Carrabouxo” e Mini Rivas, deputado do BNG no Parlamento de Galicia.
Intervirán as seguintes candidatas e candidatos:
● Esteban Suárez, ex-alcalde e candidato á alcaldía de Castrelo de Miño,
● David Ozores, candidato á alcaldía de Beade,
● Iolanda Rodríguez, candidata á alcaldía de Carballeda de Avia,
● Gabriel Alberte, candidato á alcaldía de Cenlle,
● Ramón Seoane, candidato á alcaldía de Melón e
● Maite Rodríguez, candidata á alcaldía de Ribadavia.
Este acto de presentación é unha oportunidade para dar a coñecer os candidatos e candidatas do BNG e as súas propostas para a mellora da Comarca do Ribeiro.
O BNG da comarca do Ribeiro anima a toda a cidadanía a asistir a este acto de presentación dos seus candidatos e candidatas, para que poidan coñecer as súas propostas e participar activamente neste proceso electoral.