O BNG da Comarca de Celanova convida á veciñanza e a produtores e pequenos distribuidores da comarca a participar nun acto público sobre iniciativas para a creación de feiras de produtos de proximidade como espazos dinamizadores da comercialización e da cooperación entre produtores locais, labregos e gandeiros orientados á produción sustentábel.
O acto pretende ser unha conversa na que Fernando (A Merca) e Xan (A Bola) comezarán falando das súas experiencias e o deputado Xosé Luís Rivas precisará as liñas programáticas do BNG para o rural para despois atender as ideas, reflexións e suxestións dos participantes.
ACTO PÚBLICO:
Data: Sábado 15 de abril.
Lugar: Praza das Pitas (xunto á praza de abastos) de Celanova.
Hora: 12.00.