O rallye de Noia, segunda parada do campionato galego de rallyes

O Campionato de Galicia de Rallyes afronta xa a súa segunda data puntuable coa
disputa, dende este venres 14 de abril, do Rallye Berberecho de Noia, unha das citas
máis veteranas do certame con 120 equipos na liña de saída.
A proba coruñesa estará dividida en dúas xornadas, coas verificacións técnicas e
administrativas na mañá do venres e dous tramos cronometrados na tarde.
Para o sábado, oito especiais máis, con final as 19:45 horas no parque pechado
Labarta, ao que os equipos que completen a proba chegarán tras cubrir os 115
quilómetros contra o cronómetro.
Novamente haberá un elenco de participantes de grande nivel, con Víctor Senra e
David Vázquez portando o número 1 nas portas do Citroën C3 WRC co que xa gañaron
na cita inaugural, o Rally de A Coruña.
Ademáis, a cita será puntuable para a Recalvi R5, a Pirelli Driver Autia Top Ten nas
súas tres modalidades; Pirelli AMF; Volante FGA e Promoción Xoven Piloto, que serán
novamente animadoras do certame autonómico.
Como non, os dous equipos becados pola FGA, os formados por Alexis Vieitez e
Cristian Álvarez e Marcos Maceiras e Sergio Iglesias, ambos con Nissan Micra N5,
tomarán a saida na proba, despois de mostrar o seu potencial no inicio do certame en
A Coruña.

Programa Horario do Rallye Berberecho de Noia:
Venres, 14 de abril
TC1 – Autos Patiño // 19:20 horas
TC2 – Transportes El Jaime // 20:00 horas
Sábado, 15 de abril
TC3 – Vruma Kayaks // 08:55 horas
TC4 – Caeiro Metal // 09:25 horas
TC5 – Vruma Kayaks // 12:10 horas
TC6 – Caeiro Metal // 12:40 horas
TC7 – Pavimento Noia // 16:30 horas
TC8 – Excavaciones M.Rodríguez // 16:50 horas
TC9 — Pavimento Noia // 19:00 horas
TC10 – Excavaciones M.Rodríguez // 19:20 horas
Entrada parque pechado final do Rally // 19:45 hora