O Psdeg-Psoe destaca o papel “fundamental” das alcaldesas da provincia e aposta por aumentar o número de rexedoras coa presentación de máis candidatas e “moi preparadas”

A responsable de igualdade da Comisión Executiva Federal do PSOE, Andrea Fernández Benéitez, acudiu hoxe a Maceda amosar o seu apoio a candidata socialista á alcaldía, Uxía Oviedo de Dios

Fernández fixo fincapé en que “non podemos esquecer que só o 17% das alcaldías en Europa, están ocupadas por mulleres, polo que é fundamental reforzar e apoiar a aquelas mulleres que dan este paso”

AVANTAR ACTIVIDADES

Maceda, 14 de abril de 2023. O PSdeG-PSOE de Ourense vén de organizar un acto en Maceda baixo o lema “Alcaldesas do Futuro”, no que contou coa presencia de Andrea Fernández Benéitez, secretaria de igualdade da CEF do PSOE e deputada no Congreso por León. No acto, participaron tamén a candidata á alcaldía de Maceda, Uxía Oviedo de Dios, e a deputada socialista no Parlamento de Galicia, Marina Ortega, que debateron sobre asuntos relacionados co municipalismo, a figura da muller na política, a igualdade, o rural, a mocidade ou a demografía e no que estiveron tamén presentes ducias de veciños e veciñas da vila e outros cargos do partido.

Os e as socialistas ourensás aproveitaron o acto para destacar o papel “fundamental” das alcaldesas socialistas na provincia de Ourense e subliñaron que a súa aposta “e aumentar o número de rexedoras nos vindeiros comicios electorais e para elo presentamos máis candidatas, que chegan a estas eleccións moi preparadas e coa forza e as ganas de darlle futuro e esperanza a nosa provincia”.

A responsable de igualdade da Comisión Executiva Federal do PSOE, Andrea Fernández Benéitez, acudiu a Maceda amosar o seu apoio a candidata socialista á alcaldía, Uxía Oviedo. Neste senso, fixo fincapé en que “non podemos esquecer que só o 17% das candidaturas ás alcaldías en Europa, están ocupadas por mulleres, polo que é fundamental reforzar e apoiar a aquelas mulleres que deciden dar este paso”. A deputada socialista por León tamén subliñou que “un dos principais compromisos e obxectivo que temos as socialistas e os socialistas é a representación paritaria nas institucións públicas”.

Fernández Beneítez aproveitou tamén a súa visita a Maceda para falar da Lei de Paridade ou da Lei do só si é si, da que afirmou que “é unha boa lei, na que o PSOE tivo que tomar as rendas para paliar efectos non desexados da propia leu e que vamos a traballar cos grupos parlamentarios para acabar con isto canto antes”.

A candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía de Maceda, Uxía Oviedo de Dios, aproveitou a súa intervención para analizar a grave situación demográfica que se vive na nosa provincia e comunidade autónoma e falar tamén do éxodo mozo. “Aquí en Galicia, non é que se nos abriran portas para que buscaramos oportunidades fora, senón que aquí as políticas da dereita obrigaron a xente moza a deixar atrás as súas familias, os seus fogares e a súa terra”, aseverou Oviedo de Dios, antes de apuntar que “agora botámonos as mans a cabeza cando vemos aldeas nas que quedan 3 ou 4 veciños, con servizos sociais escasos, cun transporte público totalmente desmantelado pola Xunta de Galicia e onde non hai opción para seguir tendo unha vida independente”.

“É o momento de que a xente nova sexamos conscientes do papel tan importante que xogamos, e que comecemos a traballar e a loitar pola nosa terra e polos nosos dereitos”, manifestou a candidata socialista á alcaldía de Maceda, antes de asegurar que “o rural sen xuventude non ten futuro, pero é que a nosa sociedade tampouco ten futuro se o rural desaparece”. Uxía Oviedo tamén aproveitou para poñer o foco no papel da muller na política e lembrou que “se es muller, tes que lidar con moitos máis prexuízos, se mostras un carácter forte ou personalidade que se poida comparar coa que se identifica a un home, automaticamente te convertes nunha histérica ou ditadora, pero se mostras unha actitude máis sensible, enseguida se pon en dúbida a túa capacidade de liderado”.

Pola súa banda, a deputada no Parlamento de Galicia, Marina Ortega Otero, que destacou que “a experiencia das persoas maiores nútrenos de sabedoría, a par que o espírito reivindicativo, pasional e de actualización do coñecemento dos máis mozos e mozas sirve tamén para mellorar a nosa sociedade”. A parlamentaria socialista fixo fincapé tamén no municipalismo, afirmando que “é unha das labores que de maior coste persoal, onde máis se traballa, a pesar de ser das posicións políticas menos remuneradas, pero a vez é unha das posicións máis vocacionais e gratificantes que se poden exercer en política”.

Ortega Otero subliñou que “é no rural onde as políticas tocan directamente ás persoas, é aí onde pomos nome e apelidos ás políticas que facemos a gran nivel, pomos tamén nome e apelidos a nosa veciñanza, a que coñecemos de preto, e onde visualizamos en toda a súa plenitude as debilidades ou fortalezas da administración”. Por último, a deputada do PSdeG-PSOE de Ourense no Parlamento galego afirmou que “sempre digo que todas as persoas que estamos en política, teriamos que pasar antes pola política local porque é a clase práctica para todo o noso futuro político”.