Alexis Vieitez e Cristian Álvarez rozan o top 5 en Noia, con Marcos Maceiras e Sergio Iglesias, en progresión a pesares dos problemas

A segunda cita co Campionato Galego de Rallyes levou ata o Rallye Berberecho de Noia aos dous equipos becados da Federación Galega de Automobilismo, Alexis Vieitez e Cristian Álvarez e Marcos Maceiras e Sergio Iglesias, unha cita na que estiveron a un moi bo nivel, novamente.

Vieitez e Álvarez, despois dun Rallye de Coruña con moi boa nota, deron un paso adiante nesta segunda data do certame, pelexando polo triunfo na Gara N5 e na Pirelli Driver Autia Top Ten A, na que finalmente foron segundos clasifcados, ademáis de sextos na xeral da proba.

AVANTAR ACTIVIDADES

Outra vez, o equipo pontevedrés foi de menos a máis para acadar uns puntos valiosos de cara a un certame con todavía moito que contar.

Maceiras e Iglesias, pola súa banda, tiveron que loitar contra os elementos. A proba dos pontevedreses estivo condicionada por un trompo na xornada inicial, e pequenos problemas mecánicos que os retrasaron na clasificación xeral aínda que novamente a experiencia foi moi positiva ao rematar na novena posición da clasificación xeral e quintos da Gara N5.

Os bos cronos da parella pontevedras mostraron unha vez máis o potencial dos becados pola FGA.

A seguinte parada do programa deportivo dos becados da FGA será no Rallye da Mariña Lucense, os días 12, 13 e 14 de maio.

Declaracións principais protagonistas:

Alexis Vieitez: “Comezamos cun ritmo bo e ao parar soamente 15 días non lle perdimos o pulso ao coche. Fixemos un plantexamento semellante A Coruña e viuse nos tramos que estamos preto da cabeza. Á tarde do sábado saínme un pouco e decidimos asegurar para chegar a meta e sumar puntos moi necesarios para o campionato.

Cristian Álvarez: “Imos adaptándonos aos poucos. Pola mañá non estabamos moi cómodos, pero á tarde si. Penso que nas próximas probas iremos a máis e faremos bos resultados.

Marcos Maceiras: “Atopamos os reglaxes que queríamos no Nissan Micra e hoxe si puidemos rodar cómodos e mellorando os cronos. Tivemos un pequeno problema de frenos que non nos afectou en nada, polo que quedo nunha anécdota.

Sergio Iglesias: “Foi unha boa proba. Adaptámonos ben ao coche e as melloras foron efectivas no coche. Tivemos un problemiña de freos, pero nada grave. Xa sairemos afeitos ao coche e estou seguro de que faremos unha boa proba”.