O Arenteiro recibía un baño de masas como celebración do seu ascenso

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Este domingo podía ser un día decisivo, un día de celebración, un día histórico. E así foi. O “Derbi Termal” saldouse nesta ocasión no Couto, enfrontando ó C.D. Arenteiro co Ourense C.F.. Máis de dous milleiros de siareiros viaxaron á capital para acompañar ó seu equipo nun día que ninguén se quería perder. Como levan facendo toda a tempada. Una afección envexable, na casa e tamén fora. No minuto 16, Adri Cruz facía temblar o estadio co primeiro tanto, e chegou o empate no 44, co gol de Tiago para o Ourense. A segunda parte foi moi igualada para ambos, e ningún quería perder ese punto, a pesar dunha clara ocasión do Ourense de anotar de novo. Un resultado que valía para asegurar o ascenso directo a Primeira Federación. E que tocaba celebrar.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Comezaron xa no Couto, con toda a afección que os acompañou, e volveron á casa, ó Carballiño, onde xa todo estaba preparado. A súa chegada ó centro urbán nun autobús descapotable foi multitudinaria. Unha masa verde de centos de persoas acompañounos ata o entorno da Veracruz, onde DJ Tibu foi o encargado de guiar a festa. Unha festa que durou horas, de cánticos e momentos compartidos e que continuará este mércores, cunha recepción por parte do concello do Carballiño.