O Centro de Estudos Chamoso Lamas homenaxea a Luis Rodríguez Míguez nun libro

O Centro de Estudios Chamoso Lamas presentou hoxe a publicación titulada “AGUA VITAE”, unha homenaxe ao Dr. Luis Rodríguez Míguez, despois de sete anos da súa morte, promovida polo centro de estudios e editada polo concello do Carballiño.

Conta con diversas colaboracións nas que se ensalza a figura e traxectoria deste médico, profesor universitario, escritor e máximo exponente do termalismo contemporáneo en Galicia.

AVANTAR ACTIVIDADES

A súa vida e traballo está vencellada ó Carballiño, tanto con amizades como co seu traballo dentro do Centro de Estudos, do que foi cofundador.