Punxín volver a render culto a San Wintila

Día de devoción onte en Punxín, renovando un ano máis o seu culto a San Wintila. A imaxe do santo foi trasladada nun carro, tirado por bois, dende a igrexa ata o campo da festa acompañada pola banda de gaitas Os Xuncos. Foi posible grazas a que un grupo de mozos decidiron o ano pasado recuperalo para retomar a tradición. Despois celebrouse a misa e reuníronse veciños e visitantes para unha comida popular.

Como adiantaban onte dende a comisión, hoxe tamén houbo misa solemne cunha procesión acompañada polos gaiteiros Airiños de Caldelas e cantada polo Orfeón do Carballiño. E hoxe tamén lugar a tradicional poxa no adro da igrexa.

AVANTAR ACTIVIDADES

A historia desta tradición ten un compoñente curioso, do que naceu esta procesión cos bois e que hoxe recordamos.