Hai moitas actividades nos dous institutos ao longo da semana e logo hai 3 conferencias abertas ao público na Casa da Cultura, martes, mércores e xoves ás 20:00h de tres investigadores relacionados coa ciencia de distintos campos desta comarca.
Finalmente o venres pola tarde a feira científica na que sacaremos á praza maior stands con experimentos, proxectos e inventos científicos feitos polo alumnado e que serán eles os que os expliquen para que o público poida interactuar.