O Programa de Educación Familiar do Concello de Piñor realiza unha nova actividade para as familias

O Programa de Educación Familiar, que se leva ofrecendo dende o Concello de Piñor dende o ano 2006, é servizo que ademais de trallar de forma individualizada coas familias diferentes problemáticas (menores en situación de risco ou desamparo, conflitividade familiar, dificultades educativas, drogodependencias, etc) tamén leva a cabo actividades comunitarias que permitan traballar aspectos preventivos que favorezan o desenvolvemento axeitado da familia e infancia. Dende devandito programa, financiado pola Consellería de Política Social e polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, levarase a cabo un obradoiro sobre “Crianza positiva”, que consiste nunha sesión eminentemente práctica destinada a dar ferramentas ás nais, pais, avoas, avós… a toda persoa interesada en obter estratexias para educar ós nenos e nenas. A sesión será impartida por unha psicóloga que, ademais, resolverá as dúbidas sobre esta materia. Preguntas como: ¿Pódese educar sen berrar?, ¿Pódese educar sen castigos?, obterán resposta durante este obradoiro.

     A actividade terá lugar o vindeiro venres 21 de abril ás 18:30h no Centro Social de Albarona (Piñor). Prégase que toda persoa interesada en asistir o comunique no teléfono 988403236 ou no email educacionfamiliar.pinor@gmail.com. Dende o Concello de Piñor ofrécese un servizo de conciliación gratuito para atender a nenos/as de 3 a 12 anos, facilitando así a asistencia das familias.

AVANTAR ACTIVIDADES