Este sábado, día 22, terá lugar a primeira Romería das Pulpeiras, organizada pola Asociación Pulpeiros do Carballiño ca colaboración do concello.
Haberá un xantar con menú pechado cuxo prezo será de 35 euros/persoa. Os tickets pódense adquirir na Pulpería Fuchela, na Pulpería Tapería Plaza e na tenda O´Ruan.
Ademais haberá outra carpa para poder xantar fóra do menú pechado, incluso coa opción de poder levar a comida da casa ou ben mercala no posto de venda ao público.
A velada contará con diversas actuacións musicais como “Tira da Billa”, a Banda de Gaitas e Danzas do Irixo e Os Liborianos, Dj Tibu e verbena a cargo da Orquestra Charleston Big Band.