Manuel Baltar reuniuse con representantes profesionais e veciñais da provincia de Ourense

O presidente do goberno provincial mantivo encontros coas novas directivas do Consello Regulador da DO de Valdeorras, do Colexio de Economistas e de Afiador, ademais de cunha delegación da Asociación de Veciños de Cachamuíña

Ourense, 17 de abril de 2023.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo esta mañá catro reunións no Pazo Provincial con representantes de entidades profesionais e veciñais da provincia de Ourense. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Manuel Baltar celebrou esta mañá encontros coas novas directivas do Consello Regulador da Denominación de Orixe de Valdeorras -co seu presidente, José Ramón Rodríguez Castellanos; o vicepresidente, Roberto Fernández; e o vogal José Guitián- e do Colexio de Economistas de Ourense, representado pola presidenta, Carmen Sampayo -reelixida ata 2027-, o seu vicepresidente, Julio Vila, e a tesoureira, María Teresa Cuñarro. 

O presidente do goberno provincial tamén reuniuse esta mañá co novo presidente da asociación de adestradores de fútbol Afiador, Roberto González, que estivo acompañado polo vogal da entidade Ángel Novoa nun encontro no que participou o vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández.  Ademais, Manuel Baltar mantivo unha xuntanza con tres representantes da Asociación de Veciños de Cachamuíña -o seu secretario, José Luis Cachaldora; a tesoureira, Eva Rodríguez; e o vogal Miguel Follana-, que estiveron acompañados no Pazo Provincial polo alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor.