Este domingo día 23 a Insua dos Poetas celebra pola maña e pola tarde o “Día do Libro”

O maior acto en toda a comarca para celebrar o Día do Libro terá lugar este domingo na Insua dos Poetas pola mañá, a partir das 10,30 hs e tamén pola tarde, a partir das 16 hs

Vai ser un modelo distinto e novidoso. Trátase dun Xogo Literario, inspirado no modelo do “Escape Room”, no que participarán 6 grupos de persoas, 20 por grupo, tratando de localizar un libro e tendo que pasar varias probas a partir de pistas previas…

AVANTAR ACTIVIDADES
NOME DO  EVENTODía do Libro na procura de…
DATA E HORASDomingo 23 de Abril de 2023. Maña: de 10:30 hs a 14 hs / Tarde: de 16 hs a 19:30 hs
LUGARInsua dos Poetas ( A Esgueva, Madarnás, O Carballiño )
PARTICIPANTES6 grupos de 20 persoas cada un.
INSCRIPCIÓNOnline a través dun link.
ORGANIZAFundación Insua dos Poetas
PATROCINANXunta de Galicia Deputación de Ourense Concello do Carballiño

Descrición e desenvolvemento da actividade

O Día do Libro é unha efeméride celebrada en todo o mundo o 23 de abril de cada ano, co obxectivo de fomentar a lectura, potenciar a industria editorial e protexer a propiedade intelectual e os dereitos de autor. Desde 1988 ten ámbito internacional promovido pola UNESCO. A Xunta de Galicia, a través da Direccion Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades incluiu esta data no seu Calendario do libro e da lectura de 2023.

Desde a Fundación Insua dos Poetas entendemos esta xornada como unha data axeitada para fomentar a lectura e o coñecemento da literatura galega nun entorno rural.

Está previsto organizar a celebración do Día do Libro cun modelo novedoso nun formato orixinal.

A actividade/proposta vaise denominar “Día do Libro na procura de… (Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Manuel Curros Enrríquez, Ramón Cabanillas, Castelao e Vicente Risco)”. Consistirá nunha adaptación do popular modelo “Escape room” (creado no Xapón en 2007 e difundido internacionalmente con máis de 8000 establecementos).

A adaptación ó aire libre desta estratexia de ludificación da aprendizaxe, consistirá nunha xornada, o domingo 23 de abril, cun horario de mañá (10.30 hs a 14.00 hs) e tarde (16 hs a 19.30 hs). Na que 6 grupos de 20 persoas cada un, teñan que resolver diferentes enigmas e pasar por diversas probas en escenarios distintos, adaptados ás devanditas figuras literarias representadas na Galería da Literatura Galega da Insua dos Poetas.

O tempo dispoñible para cada grupo será de 50 min. Durante os que vinte persoas deberán localizar un libro do autor ou autora correspondente.

Cada grupo deberá interactuar conxuntamente para interpretar pistas e superar desafíos nun ambiente divertido e emocionante.

Entregaránse seis premios (tres pola mañá e outros tres pola tarde) repartidos en tres categorías: Primeiro Premio, Segundo Premio e Terceiro Premio, segundo o menor tempo empregado e o menor número de pistas suministradas1.

Os premios consistirán nun lote de libros máis un agasallo especial segundo a categoría acadada.

A entrega de premios terá lugar ó remate da actividade da mañá (14 hs) e a finalización da tarde (19 .30 hs).

1 As pistas suministradas a maiores das incluídas no xogo serán penalizadas cun aumento de 5 minutos no reconto final.