As ciencias poden ser divertidas isto é o que se quere demostrar ca primeira edición das Xornadas pola Ciencia no Carballiño, que se están a desenvolver ao longo desta semana nos institutos e tamén con charlas de carballiñeses ilustres neste eido e que rematarán mañá venres na Veracruz cunha exposición final.
Hoxe achegámonos ata o IES nº1 do Carballiño, onde tiveron lugar varias actividades, como unha exposición de experimentos científicos feitos polos alumnos, e tamén unha charla conferencia do Doutor José Benito Vázquez, da UVigo, baixo o lema “Clikon-physics”. Hoxe estivemos con eles.