O PP presentou a súa candidatura no Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Baltar: “Este é o Partido do Carballiño, cunha candidatura que é un amplo movemento social para revolucionar o Concello cun alcalde de Champions”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Hoxe, no acto de presentación da candidatura coa que o PP do Carballiño concorre ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio

“O 28 de maio, O Carballiño ten que escoller o futuro do noso pobo. Con dúas opcións: seguir cun goberno que é en realidade unha comisión de festas ou contar con este equipo de xestión serio e rigoroso, que defenderá ao 100% os intereses da vila”, destacou Lino González sobre a candidatura

  • O presidente provincial destacou que “quedan 36 días para as eleccións. Carballiño ten ante si a oportunidade que ofrece o PPdeOU: unha vila moderna e dinámica. Por iso esta presentación é un momento fundamental: porque vai haber un cambio no Concello que revolucionará esta vila”
  • “Agradezo a aposta de Lino González, que recibiu unha chamada que en realidade era a do seu concello: hai que transformar Carballiño. E para este obxectivo conta con toda a maquinaria do PPdeOU, cunha candidatura fresca e que da unha oportunidade ao Carballiño que esta vila non tiña”, resalta Manuel Baltar
  • “Argimiro Marnotes tivo a visión para apostar por Lino González, por apostar por ensanchar o partido para que esta opción sexa o Partido de Carballiño. Este é un amplo movemento social, que foi quen de configurar o ‘director deportivo’ Lino González, cunha candidatura disposta a gobernar dende o primeiro minuto”, puxo en valor o presidente provincial
  • “Para gobernar un concello hai que ter gañas e ambición. Pensar dende o primeiro minuto de cada día no Carballiño, nas moitas posibilidades que ten e nas conexións que pode establecer coas administracións: Deputación de Ourense, Xunta e Goberno, que máis pronto que tarde contará cun ourensán como presidente, Alberto Núñez Feijóo”
  • “Temos proxectos e temos ilusión. Presentámonos para gañar e gobernar Carballiño. Cun número 1 excelente, cunha candidatura excelente e cunha formación política extraordinaria para impulsar proxectos”, incidiu Manuel Baltar
  • “Somos o partido das contas, e non o partido das contas. O Carballiño merece esta oportunidade: o PP fixo unha candidatura á altura das mellores da provincia. Carballiño terá un alcalde de Champions a partir do 28 de maio”, concluíu a súa intervención o presidente provincial do PPdeOU

LINO GONZÁLEZ: “A APOSTA É XENEROSA E TOTAL, POR ABRIR O PARTIDO Á XENTE NOVA  CUNHA CANDIDATURA QUE DEVOLVERÁ AO CARBALLIÑO Á PRIMEIRA DIVISIÓN DAS VILAS”

  • Lino González comezou a súa intervención recoñecendo o “apoio total” de Manuel Baltar e a aposta “xenerosa e total” de Argimiro Marnotes, presidente local do PP do Carballiño, por “abrir o partido á xente nova”
  • “O PP do Carballiño encomendoume encabezar esta candidatura. Dende o primeiro minuto, comezamos a falar coa xente e sorprendeunos a receptividade dos veciños do Carballiño, que coinciden en sinalar que esta vila necesita un cambio de rumbo”, destacou o cabeza de lista popular
  • “Esta candidatura será a que devolva O Carballiño á primeira división das vilas de España”, sinalou Lino González
  • “O 28 de maio, O Carballiño ten que escoller o futuro do noso pobo. Con dúas opcións: seguir cun goberno municipal que en realidade é unha comisión de festas ou contar con este equipo de xestión serio e rigoroso, para defender os intereses da vila con lealdade e compromiso”, concluíu o candidato popular no Carballiño

CANDIDATURA DO PP DO CARBALLIÑO

1.- Lino González García

51 anos, vive en Miomás – Sagra

Empregado de banca

2. Diana González Fumega 

40 anos, vive en Corzos

Estudos superiores de Infantil, traballadora por cuenta propia

3. José Rafael Castro- Gil Seijas

50 anos, vive na rúa Castelao

Enxeñeiro forestal

Técnico forestal da comarca do Carballiño

4. Elvira Torres

49 anos, vive na rúa Rosalía de Castro

Funcionaria na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

5. Miguel Fernández Castro

60 anos, vive en Mesego

Autónomo, traballa nunha carpintería de aluminio

6. Lorena Castro Reinoso

44 anos, vive na carretera de Ourense

Funcionaria do Sergas

7. Tatiana Rodríguez Fírvida

27 anos, vive na rúa Brasil

Graduada en Belas Artes

Técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía

8. José Ramón Pinal González

41 anos, vive en Madarnás

Autónomo, traballa de electricista

9. Antonio Taboada

50 anos, vive na rúa Aquilino Sánchez

Técnico especialista en edificacións e obras. GRI Towers

10. Lourdes Pérez Vázquez

43 anos, vive en Trigás. Santa Uxía de Lobás

Licenciada en Dereito. Funcionaria

11. Patricia Fátima Pérez González

22 anos, vive na rúa Comunidad de Murcia

Estudante de Educación Infantil

12. Maico Arbelt Pérez Peña

29 anos, vive na rúa Eusebio Lorenzo

Empregado de hostalería

13. Francisco Conejo Redondo

77 anos, vive na rúa Ribadavia

Perito industrial. Profesor de Educación Secundaria xubilado

14. María Mercedes Amil Otero

64 anos, vive na rúa Chamoso Lamos

Licenciada en Socioloxía

Xestora en Operación de Datos. Retevisión Cellnex Telecom

15. Ana Villanueva Domínguez

43 anos, vive na rúa Castelao

Auxiliar administrativa

16. José Manuel Rodríguez Pajarín

58 anos, vive na avenida Compostela

Empregado público -chófer-

17. Verónica Lois Canda

36 anos, vive en A Piteira

Dependienta

Suplentes

  1. .Víctor Manuel Lutzardo Cosse

47 anos, vive na rúa Ourense

Soldador empresa de construción

2. Maricarmen Rodríguez Rodríguez

61 anos, vive na rúa Cerca

Trablladora do Servizo de Axuda a Domicilio

3. José Maria Alonso Rodríguez

50 anos, vive na avenida Balneario

Funcionario