Ribeiro en Común presenta a súa candidatura para ser alternativa de goberno

 Preséntanse  unha candidatura que combina continuidade e renovación, experiencia de xestión e gañas de cambio.
•  Ribeiro en Común confía en que Brais Fidalgo e Paula Rodríguez lideren o futuro goberno de Ribadavia.

Ribadavia a 22 de abril de 2023.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ribeiro en Común presenta a súa candidatura para ser o goberno que necesita Ribadavia.
Co lema “O goberno necesario para mellorar Ribadavia”, presentase co obxectivo de que os seus concelleiros e concelleiras asuman maiores cotas para o bo goberno que precisa o Concello de Ribadavia.
Para Ribeiro en Común é o momento de continuar proxectos iniciados nestes dous anos, e que agora deben ser impulsados desde un goberno e unha alcaldía de todos e todas.
Con toda humildade, pero tamén con toda certeza, cremos que Ribeiro en Común demostrou que está preparado para liderar o futuro goberno, que combine continuidade dos proxectos realizados e iniciados nestes dous anos co cambio profundo que o Concello de Ribadavia continúa necesitando.
En dous anos os concelleiros de Ribeiro en Común fixeron moito en pouco tempo, mesmo desbloqueando proxectos que levaban décadas parados. Demostraron unha enorme capacidade de traballo e diálogo, desde a autonomía dunha coalición que posibilitou por primeira vez que Ribeiro en Común accedera a un goberno municipal.
Agora, é tempo de darlle continuidade a un goberno que debe situar a Ribadavia como protagonista nun futuro de cambio e progreso que tamén está por vir en Galicia e na Deputación. Son tempos de cambio e progreso en Galicia e no Estado, e Ribadavia non pode quedar atrás, os vetos e a discriminacións do PP a Ribadavia van cesar.
Para Ribeiro en Común o bo traballo realizado nestes 4 anos así como o nivel de actividade e liderado político do grupo durante toda a lexislatura, que se plasma na importancia e intensidade da actividade municipal, son os avais que reforzan o perfil formado dos seus candidatos e candidatas. Persoas que teñen experiencia en organizar,  xestionar, traballar en equipo e dialogar coa veciñanza.
A candidatura de Ribeiro en Común conforma un grupo persoas que se presentan como o goberno alternativo, para continuar co cambio e mellorar Ribadavia, e faga do Concello unha institución aberta, xusta e eficaz.  Son veciños e veciñas que compaxinan preparación, experiencia, xuventude e nivel profesional que son garante de que estamos diante dunha candidatura que a veciñanza poida elixir para un goberno fiable que mellore Ribadavia.

Primeiro tramo da Candidatura:
    1. Brais Fidalgo. Portavoz do goberno municipal. Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración e Posgrao de Administración Local. É concelleiro en Ribadavia e portavoz do colectivo Ribeiro en Común desde maio de 2015.
    2. Paula Rodríguez.  Vice- Alcaldesa de Ribadavia. Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración e Posgrao de Recursos Humanos. Participa de varios colectivos cidadáns ribadavienses, e na directiva dunha asociación decana na defensa do patrimonio natural. É concelleira en Ribadavia desde maio de 2019.
    3. César Touza. É veciño de Francelos. Bombeiro forestal. Participativo no voluntariado cultural e deportivo ribadaviense.
    4. Luisa Fidalgo. Psicóloga en activo da Xunta e implicada en varias asociacións de Ribadavia.
    5. Pepe Sotelo. É veciño de Ribadavia e traballador autónomo. 
    6. Miri Alfaro. É veciña de San Cristovo, xubilada de banca.
    7. Hugo Álvarez. Nacido en Santo André, reside en Prexigueiro. Realizou estudos en Dereito.
Completan a candidatura de Ribeiro en Común persoas activas no tecido ribadaviense tendo ademais presenza veciños de moitas parroquias do municipio, ademais un amplo grupo de persoas  completan a lista como mostra de apoio á candidatura de Ribeiro en Común.