O Cole de Cea está a participar no concurso “Cantando coas mans”

O Cole de Cea está a participar no concurso “Cantando coas mans” coa aula de 3º de Primaria. Consiste en representar unha canción en lingua de signos. Agora está no proceso de valoración por parte dun xurado profesional e do público. Pedímosvos que vexades o vídeo (https://youtu.be/yXajIZWHy40) e que ,se vos prace, votedes por el na web da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (https://www.faxpg.es/cantamos-con-las-manos-es.html). O que teña máis votos será o gañador. Moitas grazas.