Os técnicos do Polo de Emprendemento visitan o servizo de orientación laboral

Recentemente, inaugurouse o novo Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego Miño Central con sede no centro comarcal do Carballiño, prestará servizo a 47 concellos
de cinco comarcas: Allariz-Maceda, O Carballiño, Ourense, O Ribeiro e Terras de Celanova.

O Polo forma parte dunha Rede de polos impulsada pola Xunta de Galicia e ofrecerá un
acompañamento e asesoramento continuado, unha metodoloxía adaptada a cada
proxecto e titorización con profesionais de primeiro nivel, sendo unha rede que traballa
para impulsar e consolidar proxectos de emprendemento que teñan unha vinculación ca
súa contorna.

AVANTAR ACTIVIDADES

O persoal técnico do Polo reuniuse coas técnicas de Orientación Laboral para presentar
os servizos que ofrecen e afianzar unha estreita colaboración entre ambas entidades coa
finalidade de traballar polo progreso económico, promover o desenvolvemento social e
económico no rural a través da fórmula do emprendemento.