Antonio Sainz e David de la Puente, Carlos Sampayo e Irene Serrano e Fernando Dameto e Sergi Sastre terminaron en postos de cabeza a cita checa
O equipo ourensán Past Autos Racing xa volve coa satisfacción do traballo ben feito da República Checa, na que os seus tres equipos terminaron a proba.
O Vltava Historic Rallye, segunda cita puntuable para o Campionato de Europa de Vehículos Históricos converteuse nunha parada habitual dos equipos integrados na estrutura de Past e ese coñecemento do terreo serviulles para cultivar uns valiosos puntos para a clasificación final dun certame que premia a regularidade e a constancia á hora de completar carreiras.
Antonio Sainz e David de la Puente foron os máis destacados da expedición española, cun sexto lugar da clasificación xeral absoluta e un cuarto posto na sempre rifada e competida categoría 4. Aos mandos do Subaru Legacy, os madrileños foron remontando posicións e asentándose ás costas das principais espadas do certame.
A continuación, na posición 13 da xeral aos mandos do seu habitual Porsche 911 SC, Fernando Dameto, acompañado nesta ocasión por Sergi Sastre. Ademais, conseguiron un importante cuarto posto na categoría 3.
Por último, pero non menos importante, o ourensán Carlos Sampayo, acompañado da copiloto asturiana Irene Serrano, completaron esta cita na posición 14 da xeral absoluta, sendo ademais sextos na categoría 4 pilotando a súa facilmente recoñecible Renault 11 Turbo con decoración da época.