O BNG esixe responsabilidades ao Partido Popular pola temeraria conducta de Jose Manuel Baltar, Presidente da Deputación Provincial de Ourense.

Bernardo Varela, voceiro do grupo provincial do BNG na Deputación de Ourense, esixe expliacións ao presidente da deputación provincial de Ourense interceptado pola Guardia Civil a unha velocidade de 215 Km, nun coche público.

 O voceiro nacionalista demanda do presidente provincial que en primeiro lugar explique que facía nun coche oficial da Deputación de Ourense pola A-52 un domingo pola tarde, “estes coches son para uso oficial, non para empregar en asustos persoais, polo que non pode facerse uso dun coche público para asuntos de partido ou particulares, demandamos pois a axenda que tiña prevista nese día certamente extraño para reunión de traballo” sinala Varela.

AVANTAR ACTIVIDADES

 O uso de recursos públicos para beneficio persoal xa sería motivo máis que suficiente para esixir a dimisión dun cargo público canto máis esa conducta dá lugar a unha situación que en principio sería constitutiva de reproche penal.

A partir das consecuencias que poidan derivarse da comparecencia que vai ter que facer no Xulgado correspondente e a xustificación que poda aportar a esta acción, pediremos as responsabilidades que se consideren oportunas, que lóxicamente poderían dar lugar á petición de dimisión, por unha conducta que ten todo menos a de ser exemplarizante como correspondería ao cargo que ostenta.