O PSOE do Irixo critica que se siga invertindo na Carballeira do Campo “cando tiña que estar xa acondicionado”

O Grupo do PSOE do Irixo lamenta a través dun comunicado o que consideran “gasto continuado” nun espazo que para eles xa debería estar acondicionado cas inversións anteriores. O comunicado é o seguinte:

O Grupo Municipal Socialista de O Irixo lamenta que despois de investir 140 mil euros na Carballeira do Campo fai pouco máis dun ano, se sigan dedicando recursos a este espazo que xa tiña que estar totalmente acondicionado con tal inversión.

AVANTAR ACTIVIDADES

Lamentan os socialistas a propaganda institucional do alcalde do Irixo neste espazo onde se realizaron traballos co obradoiro de emprego despois de ser recibida e certificada a obra por importe deses 140 mil euros, traballos que debían estar xa feitos despois de ter investidos tantos millóns apenas fai un ano.

A propaganda institucional en período preelectoral de Manuel Cerdeira, so ben a ratificar pola vía dos feitos as súas trampas e a súa pésima xestión, dado que despois de ter investidos eses 140 mil euros que se lle pagaron a unha empresa, os alumnos do obradoiro de emprego tiñan que estar traballando en diferentes pobos e parroquias do Irixo que están totalmente abandonados e non nun espazo que debeu quedar perfectamente arranxado, preparado, axardinado e rematado despois de tan importante inversión.

Lamentan o despilfarro de recursos públicos no Irixo pois despois de 140 mil euros e ter certificado o remate das obras apenas fai un ano non se entende ter durante meses os alumnos do obradoiro de emprego e incluso traballadores e maquinaria do concello traballando nese mesmo espacio sobre os traballos supostamente xa acometidos…

O portavoz socialista do Irixo Iago Fariñas Valiña, denuncia que se paguen unhas obras que teñen que estar ben feitas e rematadas e non dúas veces, e alerta da pésima xestión e das trampas do actual alcalde Manuel Cerdeira”.