Luís Seara esíxelle explicacións a Baltar e coñecer a súa axenda ao tempo que advirte que calquera gasto derivado da sanción ou da súa defensa non pode sair das arcas da Deputación

O candidato á alcaldía do Concello de Ourense Luís Seara cualifica os feitos como “moi graves” e demanda explicacións ao actual Presidente da Deputación e do PP de Ourense

Ourense, 27 de abril de 2023. “Os feitos son dunha tremenda irresponsabilidade pois xa non soamente falamos da comisión dun delito, feito xa de por si grave, senón das consecuencia que podería ter tido”. Con estas verbas se expresaba esta mañá o actual Portavoz municipal e candidato á alcaldía do BNG Luís Seara diante do incidente protagonizado polo actual Presidente da Deputación de Ourense Manuel Baltar, sancionado o pasado domingo por circular pola A-52 a 215 km por hora nun vehículo oficial.

AVANTAR ACTIVIDADES

Segundo Seara, “queremos advertir que baixo ningún concepto, o pago da sanción ou os gastos derivados da posíble responsabilidade penal que se lle puidera impór ou mesmo os derivados da súa defensa poden saír das arcas da Deputación Provincial”, e engade, “estamos diante dunha irresponsabilidade imputable única e exclusivamente a el e non á institución”.

Ao tempo, desde o BNG solicitanlle ao Presidente da Deputación e do PP provincial que “facilite esa axenda institucional que di que tiña, xa que a día de hoxe non hai cosntancia de que a mesma existise nin para o domingo nin para o luns”.

Por último, Luís Seara reitera a gravidade dos feitos e reclama que Baltar “non se agoche, que non diga que foi un despiste, algo que resulta ser un insulto á intelixencia das persoas pois non estamos diante dun feito illado, como se pode acreditar. Reclamamos explicacións e que non que faga o que fai sempre que é dar a calada por resposta e non asumir ningunha responsabilidade”.