O Partido Popular presenta unha lista “preparada para acadar a maioría que Ribadavia necesita”

O Partido Popular de Ribadavia vén de presentar a súa lista para as eleccións municipais do 28 de maio de 2023. A lista, encabezada por César Fernández, alcalde de Ribadavia entre xuño de 2019 e febreiro de 2021, está composta por un grupo de homes e mulleres totalmente comprometidos con Ribadavia e une experiencia na xestión con mocidade, ilusión e gañas de traballar para mellorar o concello de Ribadavia.

Os populares sinalan que Ribadavia necesita un profundo cambio e iniciar unha nova etapa de futuro con un goberno forte, unido, con capacidade de liderado na comarca e con capacidade de interlocución coas demais administracións, e todo isto é o que ofrece o equipo que conforma a candidatura do Partido Popular de Ribadavia.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os populares de Ribadavia estamos convencidos de que o próximo 28 de maio Ribadavia falará alto e claro para apoiar de xeito masivo esta candidatura, conseguindo deste xeito que Ribadavia recupere a ilusión e afronte o futuro con un goberno que será garantía de avance e progreso. Os homes e mulleres que conformamos a candidatura do PP de Ribadavia conformaremos un goberno de todos e para todos, un goberno comprometido con Ribadavia e capacitado para desenvolver o enorme potencial do noso concello.