A SUBVENCIÓN CONTEMPLA TAMÉN A MELLORA DAS BANCADAS E DE MATERIAL DEPORTIVO DO PAVILLÓN MUNICIPAL.
A subvención convocada a finais de marzo é da Secretaría Xeral para o Deporte e vai dirixida a concellos para a mellora de instalaciónsdeportivas de titularidade municipal, así como para a adquisición de materialdeportivo, e pode chegar aos 50.000 euros a executar en dous anos, 2023 e 2024.
Cada concello só pode solicitar unha infraestrutura, polo que Ribadaviadecidiu centrar esforzos na pista do Pavillón, que leva moitos anos sen investimentos, a pesar de que hai outras que taménprecisan melloras, coma o campo do Xestal.
Desde o Concello o seu portavoz, Brais Fidalgo, manifestábase esperanzado de que a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta conceda esta subvención a Ribadavia, aínda que recorda que o proxecto total ascende a máis de 160 mil euros, polo que continúan defendendo que a mellor forma de colaborar entre as administración públicas nestes casos é a través deconvenios bilaterais para ampliar os compromisos de mellora desta infraestrutura deportiva tan importante na comarca do Ribeiro.
BraisFidalgo continúa defendendo que Xunta, Concello e Deputación asinen un convenio de colaboración na quetodas as partes se comprometen a financiar as melloras necesarias no Pavillón de Ribadavia, sendo o máisurxente o cambio de Pista. Ademais, este tipo de convenios deixa aberta a posibilidade de máis melloras como por exemplo no Campo doXestal ou a construción dunha nova piscina municipal.
Recorda o portavoz municipal que ademais esta convocatoria é compatible co remanente que o Concello terá desde o 1 de xaneiro de 2024, cando se pechen os prestamos bancarios máis importantes que van deixar un remanente de arredor de 450 mil euros para investimentos.
Reivindicación histórica do cambio de pista do Pavillón do Consello.
– Nesta lexislatura foron aprobadas variasiniciativas no Pleno do Concello deRibadavia para que a Deputación inclúa ocambio de pista no reparto de fondos provinciais que realiza semanalmente aos concellos.
– Recordase sempre que o de Ribadavia é undos pavillóns con maior actividade da provincia, e que este cambio de pista éunha petición respaldada pola maioría de clubes deportivos de Ribadavia e abonadosdo propio pavillón.
– A pesar disto, desde a Deputación, que neste período ten realizadonumerosas modificacións orzamentarias con outros concellos, decide non colaborar con Ribadavia. Por iso se lle demanda un convenio bilateral ou unha subvención nominativa para o pavillón de Ribadavia.
Por todo isto, Brais Fidalgo considera que sería de xustiza que a Deputación se sume a colaborar nesta mellora tan demandada en Ribadavia, e complete o investimento necesario xunto a Concello de Ribadavia e a subvención da Xunta de Galicia. De non ser así, o Concello poderá financialo a partir do 1 de xaneiro de 2024 con recursos propios grazas ao remanente que vai xerar o final dos prestamos bancarios existentes desde fai varias lexislaturas e que finalizan en 2023.