A Xunta de Galicia destina 4,6 millóns de euros para a dinamización das prazas de abastos

No DOG nº 81 do xoves 27 de abril publicase a seguinte resolución:

ORDE do 13 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para
a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para
o impulso dunha rede de Mercados Excelentes de Galicia e a dinamización e
revitalización das prazas de abastos, e se procede á súa convocatoria para o
ano 2023 (código de procedemento IN223A).

AVANTAR ACTIVIDADES

Acceso ao DOG Premer na Imaxe:

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, informou nunha visita ao mercado de Ribeira da nova convocatoria de axudas para o impulso dunha Rede de Mercados Excelentes de Galicia e a dinamización das prazas de abastos que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este xoves 27. Con este programa, ao que a Xunta de Galicia destina 4,6 millóns de euros, búscase apoiar máis dunha vintena de municipios, así como arredor de 18 asociacións e federacións de praceiros.

O director xeral de Comercio e Consumo lembrou que a través da iniciativa da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, cuxo prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte á súa publicación (do venres 28 de abril ao luns 29 de maio), búscase potenciar as prazas de abastos atendendo ás necesidades tanto dos comerciantes como das persoas consumidoras.