O Carballiño: A rúa Calvo Sotelo nos anos 60. Comercios e profesionales

Serán posibles as publicacións sobre o Carballiño dos anos 60, porque Santiago Cacho Rodríguez accede a darnos o consentimento para utilizar o seu blog:

O CARBALLIÑO, CALLEJERO AÑOS 60 (asruasdocarballino.blogspot.com)

AVANTAR ACTIVIDADES

Con este blog, Cacho tratou de lembrar e homenaxear aos comerciantes e profesionais que, coas súas respectivas actividades, contribuíron a manter viva a vila, na época da existencia da última rondalla da vila carballiñesa, e do grupo de música pop – rock “Los Poker”

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é Santiago-Cacho-callejero-2.jpg

Este grupo de mozos, moitos deles alumnos de Don Juan Corral, amenizaron os entroidos dos anos sesenta cos seus desfiles e actuacións durante tres anos. 

A crónica da curta existencia de ambas formacións queda contida no blog:

https://pulpopokers.blogspot.com/2019/08/lospoker.html

Os documentos escritos que Cacho inclúe no seu blog “Carballiño. Callejero años 60” proceden da prensa da época (Faro de Vigo e La Región), da revista “Ambiente” e, sobre todo, das actas de xuntas municipais e plenos e dos programas de festas de San Cibrao.

A maioría dos antigos documentos gráficos empregados no citado blog proceden da publicación de Miguel Anxo Fernández: “Vellas Historias Vellas Fotografías 1870 – 1970” (1992). Tamén se utilizaron fotos do álbum de Xosé Manoel Rodríguez González (Pichi): “O Carballiño 1869-1979 Álbum Fotográfico da Vila do Arenteiro” (2010), de José Luis Diz: “Xentes do Carballiño 1890 – 1990” (2016) , de “Potiños”: “O Carballiño, Industria e Comercio – 1925-1995″ (2019), cuxa selección e recopilación fotográfica foi feita por José Luis Diz Rodríguez e Manuel Blanco Guerra ” Celta “, e algunha achega de Moncho Fuentes.

A parte das fotografías propias do redactor, importante foi a achega de fotografías dos familiares dos comerciantes e profesionais citados.

BADAL NOVAS

Da grazas por poder dispor do dito blog e publicalo no noso medio, traducindo ao galego as notas e comentarios que aparecen en castelán no blog orixinal, completando ca nosa propia información sobre os profesionais e comerciantes e engadindo as novas fotos que achegaron os seus familiares. Agradecemos as fotos de MONCHO FUENTES e, sobre todo, as aportadas polo profesor do IES Nº1 JUAN VALCÁRCEL OBELLEIRO e o grupo de alumnos do curso 1991-92 ( Jaime Pérez, Patricia Paniagua, Mª José Vázquez, Encarna Rodríguez e Susana Rey ) que cursando a asignatura de Deseño fixeron un traballo sobre o urbanismo do Carballiño.


José Calvo Sotelo ( Tuy, 6 de maio de 1893-Madrid, 13 de xullo de 1936) foi un político e jurisconsulto español, ministro de Facenda entre 1925 e 1930, durante a Ditadura de Primo de Rivera.

Exiliado en Portugal, evitou así ser xulgado durante os primeiros anos da Segunda República polas súas responsabilidades como ministro da ditadura; con todo, foi elixido deputado en todas as lexislaturas, incorporándose ao seu escano tras unha amnistía durante o bienio radical- cedista en 1934.

Destacou como líder das forzas que pretendían a instauración dunha monarquía autoritaria corporativista a través da partido Renovación Española, aínda que non mantivo moi boa relación coas outras forzas da dereita: a maioritaria, partidaria de contemporizar coa República (CEDA) e as máis próximas ao fascismo, como Falange Española. (Wikipedia)

Como deputado a cortes por Carballiño, promoveu, entre outras obras, a construción do Grupo Escolar que leva o seu nome.

Rúa Calvo Sotelo.

CURTIDOS REQUE

ANTONIO RODRÍGUEZ PEREIRA, propietario dos curtidos “ Reque”, foi pai dunha numerosa familia: Manolo, Lolita, Senén, Pablo, Primitivo, Concha e Sara.

Revista Ambiente. 1952

Durante anos, Curtidos Reque foi unha tenda de referencia no sector, do mesmo xeito que o era a de Piteira.

Permiso para escaparates. 1965

A tenda atendíana, sobre todo, Pablo, Lolita e Concha. Un dos irmáns, Senén, era sacerdote.

Faro de Vigo, septiembre 1961

       DROGUERÍA PAJARIÑO

Calvo Sotelo,2
 (Lola Cacho, Carmiña “Soldado”)

As dependencias do número 2 da rúa Calvo Sotelo, nas que ANTONIO PAJARIÑO DOPORTO tiña instalada a súa droguería pertencían á familia CORRAL.

Permiso para reformas. 1959
Programa de fiestas, 1959

 TALLER y MATERIALES CORTÉS

Este establecemento de materiais de construción e despacho de carburantes creárono os CORTÉS a principios do século XX.

Recibo de cobro, 1926
Permiso de Construcción de Almacén hacia carretera de Ribadavia, 1938

A empresa xestionouna Cesáreo e fixérona perdurar a súa viúva, MARÍA GÓMEZ VÁZQUEZ e os seus fillos, CARLOS e DANIEL, ata ben entrado o último cuarto do devandito século.

Así pois, nos anos de referencia da nosa cónica, ampliaron o negocio. Ademais de taller e materiais de construción, puxeron electrodomésticos.

Permiso para edificar en Calvo Sotelo
Faro de Vigo, septiembre 1961

Asistían á súa nai, María Gómez Vázquez, ambos irmáns na xerencia dos diferentes negocios de Calvo Sotelo (materiais, taller, electrodomésticos) e de T. Mª Mosquera (gasolineira, repostos do automóbil).

Ao morrer a Viúva, Daniel, coñecido por “ Cholín”, fíxose cargo de negocio de Calvo Sotelo


TEJIDOS CELTA, SALDOS

O edificio da vivenda particular de MANUEL BLANCO QUINTELA e MARÍA GUERRA terminouse de edificar 1961.

Licencia de habitabilidad. 1961

Meses despois, habilítase o baixo para poñer unha tenda cos saldos, da que se ocupa MARÍA GUERRA.

Permiso de apertura, 1962
Permiso para rótulo, 1962

COMESTIBLES RIOBOO

EMILIO GARCÍA ÁLVAREZ deulle ao seu negocio o nome das súas orixes: Rioboo, unha aldea do concello de Cenlle.

Revista Ambiente, 1955
Emilio Rioboo con el número 8

Cese como almacén de vinos.1959
Permiso para obras menores. Marzo 1966
Noviembre 2023
Permiso para publicidad  de cervezas. Noviembre 1966

  ANALISTA V. MOSQUERA

O analista don VALENTÍN MOSQUERA VALEIRAS instalou o seu laboratorio no primeiro piso deste número.

Permiso para rótulo. 1961

BAR PINAL

Rexentaba este EDELMIRO PINAL, familiarmente coñecido como “O Miracielos”. Secundouno a súa filla JULITA.


  HELADOS LA IBENSE

JULIO GÓMEZ COELLO e a súa esposa LOURDES MASID foron os fundadores da xeadería La Ibense no Carballiño. Estiveron primeiro instalados na Avenida da Estación.

Permiso para la venta ambulante. 1958

Anteriormente, Julio traballou un tempo na xeadería La Ibense de Ourense, creada polo valenciano Francisco Gómez.

Un dos carriños de Julio tiña posto case permanente na Praza Maior.

El carrito en la Plaza Mayor
Permiso anual para carritos.1962

Outros deambulaban polo pobo para ofrecer ao público os seus deliciosos xeados. O meu pai consideraba que o mellor era o de mantecado. Para gustos … ( Nota de Santiago Cacho )

Permiso para carritos. 1964
Permiso para rótulo y toldo. 1966

Os xeados A Ibense nunca faltaba nos festexos e lugares destacados do pobo.

O Carballiño, Parque Municipal.

   FERRETERÍA PAZ

A ferraxería de de os irmáns PAZ GONZÁLEZ, orixinarios de Partovia, abriu as súas portas en 1962.

Permiso de obra, 1962

O que figuraba como titular do negocio era ANTONIO, casado con LOLA PUGA, da familia de “O Cancán”.

Permiso para  letrero. 1962
Permiso para toldo. 1963
Permiso para obras en el tejado. 1966.

         CLÍNICA Dr. MASIDE

O médico don JOSÉ CARLOS MASIDE MEDINA tiña a clínica no chalé Tecla.

Faro de Vigo. 1961

Rotulo 1960

En 1962, trasladouna para este número

Permiso para colocar placa en el balcón. 1962

  FARMACIA CAMPOS

Don MANUEL CAMPOS SOBRINO exerceu como profesional á fronte da farmacia PINAL, na Praza Maior, ao comprar a licenza á colexiada Mª Rosario Brey.

Por razóns de distancia regulamentaria, tivo que abandonar o local en 1944 e establecerse no número actual de Calvo Sotelo.

https://eprints.ucm.es/38746/1/T37578.pdf

Permiso para retejar. 1958
Permiso para rótulo.1958
Permiso para letrero luminoso. 1962

Do mesmo xeito que as outras dúas, en 1962 o municipio habilita tamén a farmacia Campos para despachar medicamentos ás familias pobres.

Beneficio concedido en mayo de 1962

Na época da nosa crónica, as farmacias víronse obrigadas a asegurar o servizo de garda nocturno.

Servicio de guardia nocturno, 1961
José Pérez Pérez ( Pepe da Farmacia ) que traballou máis de 40 anos na Farmacia Campos

COLEGIO MARÍA AUXILIADORA

Este colexio, coñecido como “As Sollas”, estaba dirixido por unha delas, dona María del Carmen Solla.

Permiso para Letrero, 1962
Programa Fiestas Septiembre, 1963

 ACADEMIA ISABEL LA CATÓLICA 

A academia Isabel La Católica era por todos coñecida como “Academia Corral”, polo apelido do seu director, don Juan Corral Pajariño, un home de extensa cultura e de singular carácter. A administración do Centro corría a cargo da súa esposa dona Matilde Pérez.

D Juan Corral e Dna Matilde

Ao non haber instituto de ensino medio no Carballiño, a academia de don Juan preparaba aos mozos para pasar os exames en Ourense.

En 1961, a academia traslado as súas aulas ao novo edificio construído na rúa do Cuartel Vello, hoxe rúa Juan Corral Pajariño.

A EDIFICACIÓN

Certificación de terminación de obras, 1961.

A academia transfórmase entón en colexio con pensionado.

Don Juan con algunos de sus profesores

Ao concedérselle o permiso para impartir bacharelato, don Juan amplia as instalacións.

Permiso de ampliación, 1963
Presupuesto de las obras, 1963

O ALUMNADO

Curso 1960-61
primeiro ano internado no colexio Corral (1963)
1960
1963 Excursion a Santiago
Gañando o Xubileo en Santiago
1963 En clase
Baloncesto no patio
No patio do colexio

MÉDICO Dr. FACAL

Don JOAQUÍN FACAL LÓPEZ tiña a consulta e raios X no seu domicilio.

Permiso de letrero, 1961
Nombramiento como titular interino. 1966

 MOSAICOS RÍOS

GRUPO ESCOLAR CALVO SOTELO

A apremiante necesidade duns locais dignos para instalar a escola do pobo reflíctese na acta municipal de febreiro de 1924.

Acta municipal , 1924

O GRUPO ESCOLAR CALVO SOTELO iniciou a súa andaina a principios do século XX. A planta baixa albergaba as aulas de mozos e o primeiro piso as das mozas.

«Julio Rodríguez Soto, aproveitando a amizade e estima que lle tiña José Calvo Sotelo, conqueriu que o Estado erguera un magno edifico para escolas na Vila, o que segue a chamarse Grupo Escolar pero que agora se engade Calvo Sotelo, e preocupou de que se rematara.» (Xosé Ricardo Rodríguez Pérez)

« Volvendo ó tema do ensino, hai que salientar ou remate do novo grupo escolar Calvo Sotelo en 1928, construído cunha importante subvención estatal, e a piques de comnenza-a súa función. A casa dúas Mestres, con amplas vivendas para vos seis mestres do grupo, fíxose con cartos municipais.» (Miguel Anxo, p. 17)

Apertura de comedor escolar. 1962

Exercía entón como director don Bernardino González Álvarez (tamén alcalde do pobo de 1943 a 1949).

Jubilación de don Bernardino. 1964

Secundábano don José Vázquez Senra, don Manuel Martínez Doval e don Manuel Ramos.


 ULTRAMARINOS LA GALLEGA

A cargo desta tenda de ultramarinos, estaba o matrimonio LÓPEZ GIL

Permiso para toldo. 1961
Permiso para rótulo luminoso. 1963
Permiso para modificar puerta de entrada. 1966

 ULTRAMARINOS PURI

Atendía esta tenda de ultramarinos a señora PURIFICACIÓN PÉREZ RODRÍGUEZ

Permiso para rótulo, 1963

 TALLERES HERMANOS BANGA   

Á fronte do negocio dos TALLERES HERMANOS BANGA, estaba Manuel Banga Paz.

Revista Ambiente, 1953

         El taller ostentaba a representación da marca Citroën.

Permiso para rótulo. 1963

Tiñan tamén a representación de Barreiros.


AGRADECEMENTOS

En memoria dos membros da rondalla e do grupo de música “Los Poker” que faleceron e en nome dos vivos, a maioría con domicilio fóra das Terras do Orcellón, Cacho agradece a BADAL NOVAS a súa iniciativa para dar a coñecer a curta aventura daqueles mozos que viviron no Carballiño nos anos sesenta e lembrar aos seus coetáneos.

Santiago Cacho e Manuel Amil

BADAL NOVAS únese tamén ao agradecemento de Cacho por aqueles que coas súas publicacións de álbumes fotográficos facilitaron a redacción do seu blog e do que nos ocupa:

Pola nosa banda, BADAL NOVAS agradece as fotos e informacións achegadas polos familiares dos concidadáns citados no blog, os documentos gráficos facilitados por MONCHO FUENTES

Moncho Fuentes

e, sobre todo, os achegados polo traballo escolar sobre Carballiño, dirixido polo profesor JUAN VALCÁRCEL OBELLEIRO.

Grupo de Diseño ( 3º BUP Medición e Urbanismo ) do IES Nº1 . Profesor Juan Valcarcel



Se alguien quere colaborar con fotos ou documentos para enriquecer esta publicación, asi como correxir posibles erros pode facelo a través do mail info@badalnovas.com


Manuel Amil Otero. Marzo de 2023