As licencias dos quen mandan

Manuel Herminio Iglesias


Cando levas moito tempo no poder ate,  por desiste,  pensas que o poder e a institución na que mandas son túas, e disfrutas facenco pequenas  falcatruadas. Total eres o amo e pouco che impota o que  latrique e berre  a oposición.

AVANTAR ACTIVIDADES

Iste podería ser o resume do que lle acontece a moitas autoridades que a día de hoxe mandán e son os  suxetos destas novas  que se fala delas con moita retranca e que  sirven de mofa pra rirse  dos  que nos gobernan. Ah, eres da terra da chispa? Pois  a ver cando lle dades a volta a situación e se fala de cousas positivas desa cidade e provincia.

Hai uns meses o noso alcalde tamén foi cazado e sancionado na cidade de  Vigo por circular co coche oficial a máis velocidade da permitida. Mais aínda hoxe non sabemos quen era  o condutor do coche amarelo. Eso é unha minucia pensan moitos.  Total que máis dá, paga o  Concello. Polo que asunto concluído. Pero o curioso do tema  é que os concelleiros da oposición, e tamén os do PP da  corporación,  pedían saber o nome de quen guiaba o mentado  coche oficial. E agora  ainda non escoitei que pediran que o  Sr. do pazo  provimcial diga quen  levaba o coche as outras veces que foi sancionado. Supoño que será un misterio pois o xefe do parque tampouco o  sabe.

Ben sei que son pequenas trasnadas as que pasan en todos os sitios onde hai coche oficial.  O exercicio do poder cando é por moito tempo agocha moitas irregualridades dos que o exercen. E como son asuntos pequenos, poucas saen á  luz.

Agora que saen cada día novoas sobre o rei emérito, outra boa peza;  agora que todos saben que fixo caixa e que foi un danzante, un  pillaban,  ou si o prefiren un truhan como di  Julio Iglesias,  xa  non chega con dicir: “Lo siento me he equivocado. No volverá a suceder más”

Polo que  pedir disculpas  como fixo  Juan Carlos  xa non ten credibilidade. Iso soamente é un xesto con moi pouca grantía de non volver a facer a  trastada máis veces.

Pedir  disculpas, coa boca pequena,  non debera ser suficiente. Pero estamos en Ourense e parte da  sociedade non esixe mais. O  acontecido lévanos, penso,  a estrenar un tempo novo: O das disculpas do mal pagador.  A deriva cara abaixo comenza a tomar corpo e xa veremos  onde nos leva. Agora que estamos ás portas dunhas eleccións e a  claridade na xestión debera ser un exemplo a seguir, nunca se fala  nin se fai de Balance.  E non debera ser así. Agora é cando hai que falar do prometido que foi moitísimo, do feito que é moi cativo,  e de como quedan as contas  nas arcas  desas institucións. Pois  en Ourense, as promesas dese Sr. e de  Jácome, foron moitas e os  feitos  moi poucos. Se a caso o despilfarro en obras, moitas delas innecesarias; obras que  van deixar un burato económico para os que veñan. Dado que as que eran moi necesarias non se afrontaron. Polo que,  no referido ás institucións  aludidas Concello e Deputación,   precísase moita  luz   diante tanta escuridade.

As licencias dos que mandan, as veces,  ate amosan  a verdadeira cara das persoas electas. Mellor, amosan  a cara que non lles gusta que se vexa, pero que é a verdadeira.   Polo que  semella que  estamos diante persoas que pensan que sin eles o mundo non anda;  e que actúan mesturando os asuntos públicos cos privados. Polo que estamos   diante os  caprichos,   ou  se o prefiren  os antoxos  dos que mandan é   resistirse a non  cumprilos débelle ser moi dificil. 


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas