Manolo González gañador do premio Losada Diéguez enterouse do premio cando estaba presentando o seu libro en Baiona

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Deuse a casualidade que no momento en que estaba reunido o Xurado do premio Losada Diéguez, Manolo González estaba en Baiona presentando o libro premiado e unhas xornadas que organizaron por diferentes concellos da provincia de Pontevedra.

Acompáñao na actividade o director de cine Ignacio Villar, que tamén presenta un guión para outra película. Cando estaban no desenvolvermento do acto foi cando chamaron a Manolo González para comunicarlle a concesión do premio.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Por unanimidade acordouse conceder o galardón, na modalidade de Investigación e ensaio, á obra “Nos días encantados de agosto. Biografía de José Gil . Para unha historia do cinema en lingua galega” (Editorial Galaxia), de Manolo González. Trátase dun libro orixinal e novidoso que dá a coñecer a vida e obra dun artista excepcional ata agora descoñecido: o fotógrafo e cineasta José Gil. Destaca a súa redacción case novelesca, detectivesca, divertida e moi doada de ler, así como a orixinal contribución á historia da fotografía, do cinema e do audiovisual galego.