Presentación da candidatura do BNG de Castrelo de Miño

O vindeiro sábado 6 de maio ás 8 horas do serán no centro socio comunitario da parroquia de Macendo, celebrarase o acto da presentación da candidatura do BNG de Castrelo de Miño co ex-alcalde censurado Esteban Suárez Méndez á cabeza da mesma.
Falarán: Cristalina Álvarez Olleros, número 4 da candidatura e veciña da parroquia de Macendo; Xosé Carballido Presas, ex-director xeral de estruturas e infraestruturas agrarias da Xunta de Galiza; e o candidato á alcaldía do BNG anteriormente nomeado.
No desenvolvemento do acto, ademais da presentación dos compañeiros e compañeiras que forman a candidatura con 9 titulares e 10 suplentes, daráselle un repaso a todos os servizos creados nos anos de goberno do BNG en Castrelo de Miño, e que pouco a pouco se foron desmantelando trala moción de censura de agosto do 2020.