Esta noite, nova edición da Ruta das Tapas, dedicada ós produtos da ría

Esta noite, dende as 20:00 horas, nova edición da Ruta das Tapas no Carballiño. Neste caso, a última da tempada 2022/2023, está dedicada ós produtos da ría. Nesta primeira xornada do mes de maio, dedicada aos produtos do mar, participan Fuchela, San Andrés, Pituxo, Soldado, Estate Quieto e Ernesto. A segunda xornada será nos locais Roraima, Lusco e Fusco, Loft, Don Paco, Plaza e Caserío.

Ademais, para animar a xornada, poñerá a nota musical o grupo Perrito Piloto, unha nova agrupación do Carballiño que actúa con violín e guitarra.

AVANTAR ACTIVIDADES