Unha vintena de propostas na programación cultural do mes de Maio do Carballiño e coas Letras Galegas como protagonistas

Neste mes de maio, a programación cultural do Carballiño ofrece unha vintena de propostas que terán as Letras Galegas como protagonistas. Cine, gastronomía, música e ata unha Festa do Libro inclúense no programa, que arranca esta noite coa proxección da película “La Maternal” no Auditorio Manuel María e coa Ruta das Tapas, que se repetirá o próximo venres e que se dedica aos produtos do mar.

Un dos actos estrela deste mes das Letras Galegas agárdase para o 11 de maio na rúa Carreira cun mural conmemorativo de Francisco Fernández del Riego, intelectual e fundador da Editorial Galaxia ao que se dedica esta edición. O acto está previsto para as 12.00 horas e contarase coa actuación do alumnado e profesorado do Conservatorio.

AVANTAR ACTIVIDADES

Esta é a programación cultural detallada para o mes de maio:

Venres, 5 de maio: Cine Club Carballiño. “La Maternal”. 20.00 e 22.30 horas no Auditorio Manuel María.

Venres 5 e 12 de maio: Ruta das Tapas dedicada aos produtos do mar con 13 locais participantes e a animación musical de “Perrito Piloto”. Dende as 20.00 horas.

Sábado, 6 de maio: Monólogo de Pablo Meixe, “Quién aguanta esto?”. Ás 20.45 horas no Auditorio Manuel María.

Xoves, 11 de maio: Mural conmemorativo de Francisco Fernández del Riego. 12.00 horas. Rúa da Carreira. Actuación do alumnado e profesorado do Conservatorio.

Venres, 12 de maio: Cine Club. Proxección da película “After Sun”. Ás 20.00 e 22.30 horas no Auditorio.

Domingo, 14 de maio: Cine Club. Proxección da película “After Sun”. Ás 19.00 horas no Auditorio.

Martes, 16 de maio: Concerto Letras Galegas do Conservatorio e a Escola de Música. Ás 20.00 horas no Auditorio Manuel María.

Martes, 16 de maio: Concerto de música “Treixadura”. Xira 30 aniversario. Ás 23.00 horas na Praza Maior.

Xoves, 18 de maio.  Festa do Libro. Clubs de lectura do IES Chamoso Lamas. A partir das 11.15 horas na Praza Maior.  “Ler en Liña” é unha homenaxe a dúas publicacións de José Fariña Jamardo reeditadas polo Concello do Carballiño (A Feira e A Liña) que serán entregarán como agasallos aos integrantes dos Clubs de lectura.

Venres, 19 de maio. Cine Club. Ás 20.00 horas “O home e o can”. Auditorio Manuel María.

Sábado, 20 de maio. Cine Club. Ás 20.00 horas. “O corpo aberto”. Auditorio Manuel María.

Domingo, 21 de maio. Cine Club. Ás 19.00 horas. “Matria”. Auditorio Manuel María.

Domingo, 21 de maio.  A partir das 11.00 horas na Praza Maior, “Pon unha foto na rúa”. Asoc. Fotográfica O Potiños.

Domingo, 21 de maio. Ás 12.00 horas. Escenarios: Praza Irmáns Prieto – Balcón e terraza do Casino – Praza Maior e Fonte do cárcere. Lectura dramatizada do Cisne de Vilamorta de Emilia Pardo Bazán. Adaptación: Carlos Montes (Centro de Estudios Chamoso Lamas). Interpretación: DAR TRELA TEATRO.

Domingo, 21. As 18.00 horas na Sala de Xuntas do Concello. “Levántate Xan! De Caxoto. Programa Apego. Inscricións dende o 8 ao 19 de maio en snl@carballino.gal ou 662197665. Idade: de 12 meses a 3 anos.

Venres, 26 de maio.  Ás 20.00 horas / 22.30 VOS h no Auditorio. Cine Club Carballiño. “Los reyes del mundo”.

Martes, 30 de maio. No Auditorio. Ás 10.30 horas e ás 12.00 horas. Musilandia. Conservatorio Profesional de Música.

OUTRAS ACTIVIDADES:

EXPOSICIÓNS FOTOGRÁFICAS ASOC. FOTOGRÁFICA O POTIÑOS

• BAIXO RÚA PRINCIPAL – PULPEIRAS DO CARBALLIÑO – Inauguración venres, 5 de maio.

• CASA DO CONCELLO – POTI EXPO 22