O delegado territorial da Xunta Gabriel Alén asiste á inauguración da ‘IX shopping night Ourense centro’

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, acompañado do director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, asistiu este serán á inauguración da  ‘IX Shopping Night Ourense Centro’. Unha iniciativa do  Centro Comercial Aberto Ourense Centro que contempla que os establecementos das rúas Santo Domingo, A Paz, Praza Maior, Lamas Carvajal, Paseo, Cardeal Quiroga, Concordia, Cardeal Quevedo, Valle Inclán e Bedoya abran as súas portas ata as 24:00 horas, permitindo aos seus clientes gozar dunha noite de lecer e compras.