Presentación do Plan de Mandato Ourense 2127. Manuel Baltar: “Este Plan referenda a nosa aposta polo territorio, con 100 medidas para seguir transformando Ourense”

  • O presidente provincial presentou esta mañá as liñas mestras da folla de ruta para os vindeiros catro anos na Deputación de Ourense, nun acto na sede provincial cos 92 candidatos populares ás municipais do vindeiro 28 de maio
  • O candidato a revalidar a presidencia do goberno provincial puxo en valor o traballo realizado nestes once anos e remarcou a importancia de contar con 92 proxectos para cada un dos concellos e un proxecto provincial: “Porque so o PPdeOU explica o que quere facer coa Deputación de Ourense nos vindeiros catro anos”
  • Co lema “Amor por Ourense Sempre”, este Plan de Mandato inclúe iniciativas en eidos chave como o termalismo, o sector primario, a promoción do emprego ou a atención aos maiores, froito dun proceso participativo e que contou coas achegas do tecido asociativo da provincia, a veciñanza e os propios candidatos populares

O presidente do PPdeOU, Manuel Baltar, presentou esta mañá na sede provincial o Plan de Mandato 2127, o documento deseñado polo candidato a revalidar a presidencia da Deputación de Ourense coma a folla de ruta dos próximos catro anos na corporación provincial. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Ante os 92 líderes municipais populares para as eleccións municipais do vindeiro 28 de maio, Manuel Baltar debullou un documento composto por 100 medidas, dentro dun proceso “aberto e participativo”, e no que se sumaron as achegas do tecido asociativo ourensán, da veciñanza -que trasladou propostas a través do correo electrónico ourense2127@ppou.es e o whatsapp do 676 594 001- e dos propios candidatos, despois de xornadas de traballo coma a celebrada o pasado 1 de abril na Carballeira de Santa Cruz. 

Precisamente, Manuel Baltar fixo referencia á propia identidade do PPdeOU, que ofrece á veciñanza 92 proxectos para cada un dos 92 concellos da provincia e un proxecto provincial, o referendado no Plan de Mandato, con “iniciativas innovadoras e que os nosos candidatos tamén explicarán aos veciños para remarcar que o seu voto vale dobre: vale para o seu concello e vale para a Deputación de Ourense”. 

Como xa sucedeu en 2015 e 2019, este programa de goberno volve a ser único. “O Partido Popular de Ourense presenta candidaturas potentes nos 92 concellos e na entidade local menor de Berán. E tamén volvemos a contar cun presidente como candidato coñecido a revalidar a Deputación”, destacou Manuel Baltar, que puxo o acento na importancia de contar cun “proxecto provincial que ningunha outra forza política presenta. Porque so o PPdeOU explica o que quere facer coa Deputación de Ourense nos vindeiros catro anos, e o explicamos cun Plan que referenda a nosa aposta polo territorio, con 100 medidas para seguir transformando Ourense”. 

“Amor por Ourense Sempre”

O lema desta campaña provincial, avanzou Manuel Baltar, é “Amor por Ourense Sempre”, dentro da “indiscutible aposta polo territorio” do PPdeOU. “Porque nós si sabemos que facer co goberno da provincia nos próximos catro anos. Porque nós somos unha referencia, temos un discurso sobre o territorio referenciado a nivel nacional e temos proxecto”, destacou Manuel Baltar antes de poñer en valor o traballo realizado ao fronte da Deputación de Ourense. 

Na intervención desta mañá, o presidente provincial repasou os fitos da súa xestión ao fronte da Deputación a partir de 2012, con fitos como o liderado nacional en transparencia, a débeda cero, o récord de remanente de tesourería -con 63 millóns de euros este ano-, a evolución orzamentaria -ata o actual tope de 90,7 millóns de euros en 2023-, a cooperación e o posicionamento de Ourense en entidades nacionais e internacionais. “Cuestións fundamentais”, definiu o presidente provincial, “que permiten avanzar na construción do noso legado, apoiados na identidade ourensá -coa Ourensanía, o galeguismo, o recoñecemento aos referentes, o OUFF, a ICC Week…- ; no ‘Modelo de Ourense’ -co propio Plan de Mandato, o Debate sobre o estado da provincia, a carta de servizos…- e nas infraestruturas propias”.

A importancia do futuro Gran Hotel Balneario

Dentro das infraestruturas referenciais impulsadas polo goberno provincial durante a presidencia de Manuel Baltar, lembrou esta mañá, atópanse fitos como o Edificio Provincia Intelixente ou o Centro de Innovación da FP Eduardo Barreiros. E os vindeiros catro anos, avanzou o presidente provincial e candidato á reelección ao fronte do goberno provincial, estarán marcados pola transformación do Pazo Provincial no Gran Hotel Balneario, “unha infraestrutura de visibilidade internacional e que se suma a outras medidas chave coma a colaboración cos concellos na dixitalización do ciclo da auga ou en iniciativas estratéxicas comarcais. Medidas que seremos capaces de desenvolver nos próximos catro anos e para iso contaremos con gobernos fortes nos concellos e unha maioría absoluta na Deputación de Ourense”. 

Cen medidas transformadoras do territorio

Plan Ourense 2127 -polos metros de altura de Pena Trevinca, a cima da provincia de Ourense- presentado esta mañá por Manuel Baltar abrangue 100 medidas transformadoras para o territorio, en eidos chave como o sector primario, a promoción do emprego ou a atención aos maiores. Este outras, o presidente provincial e candidato a revalidar a Deputación o vindeiro 28 de maio remarcou os seguintes proxectos: 

Gran Hotel Balneario e seguir avanzando na potenciación do sector, coa colaboración en novos proxectos na provincia, dixitalización da oferta termal… 

Dixitalización do ciclo da auga 

Planta de transformación de residuos orgánicos na comarca da Limia 

Proxectos estratéxicos comarcais: Ribeira Sacra, Ente xestor de Monterrei,  Regantes da Limia, Potenciación da Vía Nova e Camiños de Santiago, Parque  acuático de Monterrei, Ecobarcos, Potenciación turística dos encoros…

Plan estratéxico de captación de novos inversores e máximo respaldo ao  empresariado ourensán e aos polígonos industriais da provincia de Ourense

Centro de emprendemento para os mozos ourensáns

-Reactivación da Cámara de Comercio de Ourense 

-Colaboración na ampliación do Campus de Ourense 

-Programa de impulso a producións sostibles, con eixos como o centro transformador de produtos locais de Cantoña, en Paderne de Allariz 

Estratexia provincial de sostibilidade enerxética e impulso ás comunidades enerxéticas ao longo de toda a provincia de Ourense 

Seguridade: Mellora dos cuarteis da Guardia Civil, potenciación dos Grupos de Emerxencias Supramunicipal, activación do Plan EmergOU… 

Potenciación do Centro Integral da Loita contra o Lume, en Toén 

-Implantación da administración electrónica provincial por voz 

-Implantación do Plan provincial de impulso á dependencia e do Plan provincial contra a soidade non desexada (SeniOUR TV

Plan EnOUTurismo, apoiándose no traballo do Inorde

Dixitalización da provincia: aposta pola dixitalización dos servizos turísticos, a oferta termal Turismo ou os servizos sociais provinciais e municipais

Potenciación da Estratexia MICE, coa creación dunha oficina específica

-Dentro do noso ecosistema deportivo, converter a Ourense na capital do  montañismo galego e seguir avanzando na potenciación da estación de  montaña de Manzaneda. Tamén, estación BTT na Mezquita e sendeirismo

-Reforzar a colaboración con todo o tecido asociativo ourensá e  implantar o Plan Trevinca para blindar a cooperación coas entidades sociais da provincia

-Seguir avanzando nos piares e estratexias fundamentais da acción do goberno provincial, con fitos como o Plan de Cooperación, BenOurense, Estratexia de apoio ao audiovisual, EmprendOU, ChegOU, a mellora da rede viaria, o Plan Tarazana ou o Termalismo Social