Ribadavia celebra o día das letras galegas cun amplo programa do 14 ao 20 de maio.

SEMANA DO LIBRO EN GALEGO, con axudas do concello á compra de libros en galego nas librarías de Ribadavia, GOYMA, FOLLAS NOVAS e MAFRANCH.

A Concellaría de Cultura de Ribadavia celebrará o Día das Letras Galegas rendendo homenaxe á Francisco Fernández Del Riego, programando diferentes actividades culturais, artísticas e de lectura durante a semana das letras galegas. PROGRAMACIÓN LETRAS GALEGAS 202314 DE MAIO:- Encontro de escritoras arredor da figura de Francisco Fernández Del Reigo, homenaxeado nas Letras 2023:Hora: 12:30Lugar: Casa do Concello.Intervirán: Malores Villanueva, Roberto Pascual e Oriana Méndez.Modera: Alba Chao (Xornalista).
– Obra de Teatro: Relatos da fin da era humana. De Teatro Experimental de BarbadásAuditorio Manuel María da Casa da Cultura.Hora: 20:00.Recomendado a partir de 12 anos.
16 DE MAIO:Presentación do libro  A NUNCA VISTA, de Ana Abad. Obra gañadora do premio Abrente de Textos teatrais da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia en 2022.Lugar: Casa da CulturaHora: 20:00.17 DE MAIO:11:00 horas: pasarrúas do Grupo de Baile e Música Tradicional SADEO- Conmemoración do 50 aniversario da 1ª Mostra de Abrente. Lectura de OBRA por persoas vencellas á xeración Abrente.Lugar: Praza Maior.Hora: 12:00 horas.- ACTUACIÓN do Grupo de Baile e Música Tradicional SADEO.Hora:13:00H.Lugar: Praza Maior- Teatro infantil:A TEIMA DE XOANA. De Valparaíso.A ESCOLA DE DONA LOLA. De Anaquiños de Francelos.Grupo de canto Anaquiños.Lugar: Local social de Francelos, Fontiña Mariña.Hora: 19:0020 DE MAIO:- ESPECTÁCULO MUSICAL CRÚAS. Recital musical de piano e voz de obra de autoras e autores galegosLugar: Local Social da Madalena.Hora: 20:30 
Ademais, do 15 ao 21 de maio terá lugar a SEMANA DO LIBRO GALEGO, con axudas do concello á compra de libros en galego nas librerias de Ribadavia, GOYMA, FOLLAS NOVAS e MAFRANCH.
Un importante programa cultural e lúdico que a concelleira de cultura, e vice-alcaldesa de Ribadavia Paula Rodríguez, presentaba hoxe xunto co portavoz do goberno municipal, Brais Fidalgo. 
Ambos agardaban e desexaban que as actividades propostas dinamicen e potencien en Ribadavia estes días sinalados e festivos na nosa cultura e nas nosas letras, pretendendo ser a nosa aportación desde Ribadavia como capital cultural á cultura e lingua galega.

AVANTAR ACTIVIDADES