Música de calidade

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Herminio Iglesias

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Nestas xornadas de   primavera dúas actividades musicais,  e plenamente culturais, digo o plenamente,  pois a  día de hoxe a verba cultura está un tanto prostituída  ó enténderse como  cultura  mover  masas acríticas de xente arredor  do  decibelio festivo,   chámanme a atención.

A primeira é a XVI edición do  Festival internacional  Pórtico do Paraíso que cada ano se celebra nesta provincia e que tan bos concertos de música oferta. Iste ano comezou o cinco de maio e remata o 14 dese mismo mes propondo cinco citas moi interesantes nas que,   grupos, solistas  e  músicas moi distintas ás comerciais sonaran en  Ourense. Iste  evento musical xa consolidado,  é o  máis importante  que se celebra nesta  cidade e que irradia en toda a  provincia, pois algúns concertos fanse en vilas e sitios singulares. Polo  que pon a esta Auria no  mapa onde se programa  música de calidade.   A segunda actividade   é o concerto que o coro ourensán Capela Madrigalista deu no fermoso lugar de Santa Mariña de augas santas o pasado domingo.

No primeiro concerto do Pórtico, o  grupo portugués  América Antiga Ensemble,  deleitou ó público, que enchía o Salon Noble do Liceo. E fixoo   con músicas do século XVIII que se tocaban na corte portuguesa e pola súa extensión  tamén no Brasil. Músicas con un aire italianizante que lembraban, alomenos ós estudiantes de guitarra, as pezas de Mauro Guilliani. Cantigas populares  que  introducían ritmos  que serían  os inicios do que  logo sería ó choro e a  samba brasileira. Foi un concerto ameno no que a expresividade da soprano, da alto e do barítino animaron a escena  cos seus xestos moi acordes co sentir do que alí sonaba. Tanto foi así que, a xente aplaudiu a rabear e  saíu moi satisfeita deste primeiro concerto.

A segunda actividade musical  foi  o domingo día sete,  e tivo como marco o fermosa Igrexa de Santa Mariña sita nun cumio que domina o val da Rabeda.  O grupo protagonista dese  concerto foi o coro Ournesán Capela Madrigalista, coro que ten mais de 36 anos de existencia pois, que eu lembre, comezou a camiñar no ano de 1987 e a día de hoxe  conta cunha  traxectoria musical moi importante.  O evento facíase    por mor da celebración do XIX centenario da  Igrexa de Santa Mariña e  estaba  organizado pola parroquia dese lugar.

Iste concerto  baixo o nome de América, música de  compositores americanos, dividiuse en dúas partes ben diferntes. Na primeira interpretouse a Liturxía Musical de   Eugene Butler. Trátase dunha Misa que ten unha característica didáctica; pois o autor fíxoa   para a xente xoven. Na segunda escoitáronse pezas de diversos autores,  maiormente latinoamericanos como: Piazolla, Antonio Lauro, Matamoros e Gustavino. Foi iste un concerto, ademais de variado, moi dinámico. Pois si na primeira parte, o coro sonaba xunto ó acompañamento de piano con  música  con harmonías moi  actuais;   a segunda, foi plenamente coral.  Nela  os ritmos latinos  déronlle un aire e un  dinamismo que gustou moito ós ointes.  Polo   que  aplaudiron con insistencia as mentadas pezas. En fin, no alto deste mítico e engaiolante lugar, cunha panorámica fermosa como amplia,  chea de policromia vexetal, sonou, o igual que  aconteceu no Liceo ourensán  a música que  fai pensar,  que é o  arte de mesturar os sons e o tempo. Polo que  noraboa ós organizadores destes actos. E que sigan florecendo que boa falla fai.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas