O Rallye Mariña Lucense, terceira parada do Campionato Galego de Rallyes

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Despois dun comezo con dúas probas en apenas 15 días, o Campionato Galego de
Rallyes afronta xa con máis calma a terceira parada do ano esta fin de semana coa
celebración do Rally Mariña Lucense.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A proba, organizada por Mix Rallye Sports, afronta a súa quinta edición cun dos
percorridos máis fermosos de todo o certame autonómico, con epicentro en Viveiro.
Precisamente, de Viveiro partirán os 85 equipos inscritos cara os treitos (o venres
competirán en dúas especiais e o sábado en oito mais) logo da cerimonia de saída, que
será as 20:00 horas do venres 12 de maio na Travesía da Mariña. Nese mesmo lugar,
o sábado 13 de maio, será a cerimonia de entrega de trofeos a partir das 22:00 horas
da noite.

Nesta terceira parada do Campionato Galego de Rallyes, a principal novidade e o
comezo do Criterium Recalvi / Beca 24, que procura a máxima igualdade a custes
reducidos e ser o primeiro paso competitivo dentro dos rallyes autonómicos. Ademáis,
o premio final, cinco probas aos mandos dun Dacia Sandero en Galicia no 2024 é
realmente atractivo.

Como non, na lista de inscritos, os principais favoritos ao triunfo no certame, con Víctor
Senra e David Vázquez novamente no Citroën C3 WRC co dorsal 1 nas portas. Entre o
resto de candidatos Alberto Meira e Avelino Martínez, Luis Vilariño e Enrique Velasco
ou os sempre competitivos vehículos N5, entre os que se atopan os dous equipos
becados pola FGA, compostos por Alexis Vieitez e Cristian Álvarez e Marcos Maceiras
e Sergio Iglesias, ambos con Nissan Micra.

Tamén estarán as distintas copas Top Ten Pirelli Driver Autia, o Volante FGA – PXP 23
e a Pirelli AMF, conformando un elenco de participantes de alto nivel.

Programa Horario do Rallye Mariña Lucense:
Venres, 12 de maio
TC1 – Cervo // 20:35 horas
TC2 – Xove // 20:58 horas
Sábado, 13 de maio
TC3 – Vicedo // 08:56 horas
TC4 – Cervo // 09:59 horas
TC5 – Xove // 10:37 horas
TC6 – Vicedo // 13:45 horas
TC7 – Muras // 15:08 horas
TC8 – Ourol // 15:45 horas
TC9 — Muras // 18:41 horas
TC10 – Ourol // 19:18 horas
Entrada parque pechado final do Rally (Travesía da Mariña, Viveiro) // 20:08 horas