Presentación da obra “Dous libros do concello de Ribadavia (1524-1559): un reflexo da vida cotiá na vila”, de Ana María Gordín Veleiro, este venres, 12 de maio, ás 20,30 h, na casa da cultura do Carballiño

A historiadora carballiñesa e arquitecta técnica Ana María Gordín Veleiro, integrada no Centro de Estudios Chamoso Lamas, presenta este próximo venres, 12 de maio, ás 20,30 h, na Casa da Cultura do Carballiño, a súa obra “Dous libros do Concello de Ribadavia (1524-1559): un reflexo da vida cotiá na vila”.

Trátase de dous volumes: Libro con foros antiguos de la villa de Ribadavia (1524-1541) e Libro de aiuntamientos del concejo de RibadaviaContiene foros antiguos, acuerdos y elepciones e Libro de actas del concejo de Ribadavia (1541-1559), que conteñen unha ampla documentación para o coñecemento da vida municipal de Ribadavia a mediados do século XVI, con especificidade sobre aspectos da gobernanza municipal, normativa urbanística, control de pesos, medidas, prezos, etc.

AVANTAR ACTIVIDADES

A obra, que foi editada pola Xunta de Galicia, é un traballo rigoroso que permite achegarnos á realidade da capital do Ribeiro nun tempo de gran significado histórico para estas terras.

O acto está promovido polo Centro de Estudios Chamoso Lamas coa colaboración do Concello do Carballiño.