O Instituto de Estudios Carballiñeses acaba de crear o “Premio Loureiro do Orcellón”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Instituto de Estudios Carballiñeses acaba de crear o “Premio Loureiro do Orcellón”. A diferenza do Premio Ágora do Orcellón, que é un galardón co que se honra a persoas sobranceiras, distinguidas e recoñecidas polo seu prestixio intelectual e profesional -a nivel nacional ou internacional-, o Premio Loureiro do Orcellón pretende encomiar, exaltar e recoñecer a persoas da Comarca do Carballiño que se distingan pola súa profesión, pola súa implicación altruísta en axudar e mellorar a vida dos demais, pola súa colaboración e iniciativas en proxectos sociais…

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

    O Instituto de Estudios Carballiñeses decidiu conceder este primeiro Premio Loureiro do Orcellón a Antonio González Bernárdez, cura párroco e veciño de Loureiro (e non ten nada que ver o nome do premio con ese lugar do Irixo), por toda unha longa vida dedicada aos demais, non só educando e formando á xuventude, senón tamén defendendo os dereitos dos veciños e creando empresas para darlles traballo.

    O premio será entregado o próximo día 20, sábado, do presente mes de maio, ás 12 h., no centro de cultura do lugar de Loureiro (Irixo). O Instituto de Estudios Carballiñeses editou un libro das Lembranzas de Antonio González Bernárdez, que será presentado ese día e do que se lle entregará un exemplar ao homenaxeado.