O PSOE presenta un programa “realista” para O Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Tamén hoxe foi o Partido Socialista quen presentou o seu programa electoral para os vindeiros catro anos. Francisco Fumega fixo un balance desta lexislatura, destacando que O Carballiño medrou en emprego, no eido sanitario, en turismo e deporte, na eficiencia enerxética, en servizos sociais, na mellora do saneamento e na posta en valor do patrimonio natural e cultural con proxectos xa feitos ou encauzados para o futuro.

Estas grandes liñas de actuación resumen o seu proxecto de futuro, que sexa realista. Para iso, potenciarán un Plan Turístico fundamentado no Parque Etnográfico e o Museo do Papel, o termalismo e a ruta xacobea.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Aseguran que a xestión realizada neste catro últimos anos é a mellor garantía de que as propostas incluídas neste programa serán levadas a cabo no próximo mandato.